mércores, 20 de novembro de 2024

xoves, 14 de novembro de 2024

LER CIENCIA NA BIBLIO

 Con este título tan suxerente, queremos dar visibilidade á ciencia na biblio, como laboratorio creativo de aprendizaxe, e nada mellor que experimentar para aprender.




Conmemorando o mes da Ciencia, preparamos un recuncho científico  no que o alumnado, pode facer observacións nos microscopios, recoller as súas propias mostras, e facer numerosas prácticas, experimentando os cinco sentidos, alén de facer medicións ópticas, tensiómetras e ata testar o daltonismo.


Aquí os vemos en plena acción, nesta iniciativa tan atractiva!

  

 





                                                    
 







luns, 11 de novembro de 2024

GAÑADORES DO TEATRO LIDOOOO!

 Temos unha grandísima noticia!

Esta fin de semana gañamos o Concurso Escolar de Teatro Lido dentro do certame FIOT 2024 organizado polo concello de Carballo.


Aquí estamos recollendo o premio fachendosos despois de dous anos consecutivos acadando este primeiro posto. Ademais foi unha satisfacción dobre porque dous ex-alumnos do noso cole, Raúl e Abel, acadaron o primeiro premio na categoría de secundaria, parabéns tamén para estes compañeiros.


E por suposto as nosas felicitacións a Lucía, Victoria, Iria, Ana, Luna, Roque e Ross.
NORABOA!
Podedes ver o vídeo da actuación pinchando aquí.











venres, 8 de novembro de 2024

MALETA VIAXEIRA

 Co gaio do mes da ciencia, aproveitamos a equipaxe da MALETA VIAXEIRA dedicada a libros informativos. Estará con nós todo o mes, e podemos aproveitarnos de títulos súper interesantes a todos os niveis, polo que despois da selección por idades, na que colaborou o voluntariado da Biblio, estes libros foron repartidos por todas as aulas.


       

    


Podedes ver o contido  desta maleta premendo neste FICHEIRO.

BOA VIAXE!!









xoves, 7 de novembro de 2024

FINALISTAS NO FIOT !!

Como xa anticipamos, participamos na sección "TEATRO LIDO", dentro do certame de Teatro FIOT, organizados polo concello de Carballo.

E estamos fachendosos, porque por terceira vez, somos FINALISTAAAAAAAASSSS!

Crucemos os dedos para coñecer o veredicto final do próximo domingo!




mércores, 6 de novembro de 2024

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Comezamos novembro, o mes da ciencia nas bibliotecas. 


 Nuno fixo unha selección de libros científicos:


Esperamos que os disfrutedes e que descubrades o marabilloso mundo da ciencia!