mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe no CEIP Plurilingüe A Cristina celebramos o Día Escolar da Non violencia e da Paz e que mellor maneira que cantando e bailando unha cantiga de Mamá Cabra, "Baile da Paz".




Ademais, algúns dos poemas pola paz que se realizaron en colaboración coas familias foron recitados polos alumnos do centro.




Outra actividade moi especial que fixemos hoxe parte do alumnado de 4º B de Educación Primaria. Os nenos desta clase realizaron un contacontos de Wangari Maathai nas aulas de Educación Infantil. Para isto, utilizaron o Kamishibai, unha forma de contar contos moi popular en Xapón.






Finalmente, para poñer o broche de ouro a este fantástico día, os nenos de Educación Infantil foron as clases de Primaria a poñer unhas vacinas máxicas, as vacinas pola paz.











luns, 28 de xaneiro de 2019

CON SABOR A PAZ

Dentro do proxecto de centro "A revolución de A Cristina está nos contos", desde o recuncho de nuno, quixemos revolucionar os libros de cociña. Todos os alumnos do colexio fixemos as nosas receitas pola paz

Deixámosvos un vídeo coas distintas receitas listas para a súa elaboración.




Ademais, coa colaboración das familias traballamos distintos poemas pola paz.






Recordade que todos xuntos a paz podemos alcanzar!!!

Contacontos adicado á poesía

Aproveitando que este curso as bibliotecas escolares están adicadas as poéticas diversas os nenos e nenas de Educación Infantil poideron desfrutar dun contacontos moi especial das mans da profe Natalia e o conto "O Fío".

Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou dun fío que sobresaía da chaqueta?

Tirón a tirón, rima a rima fomos descubrindo o integrante desenlace do conto dun xeito moi divertido.





luns, 21 de xaneiro de 2019

Lecturas para o Día da Paz e a Non violencia

Como sabedes, no mes de xaneiro conmemoramos unha data moi especial: 
O día da Paz e a Non violencia

Desde o equipo de biblioteca do Ceip Plurilingüe A Cristina deixámosvos unhas recomendacións lectoras para desfrutar estes días. 



Ademais, no expositor da biblioteca podedes atopar unha selección de contos relacionados con esta data. 


Esperamos que os desfrutedes!!!