mércores, 2 de abril de 2025

2 de abril, DÍA DO AUTISMO

 Hoxe día 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre o autismo. Na biblioteca contamos con material para o alumnado con diversidade e tamén con exemplares para que toda a comunidade educativa poida coñecer máis sobre este trastorno. 


Estes son algúns dos exemplares para diferentes idades nos que se fala sobre TEA.





martes, 1 de abril de 2025

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
A sección patrocinadora deste ano é Holanda que difunde a mensaxe de Rian Visser e o cartaz de Janneke Ipenburg co lema "Estas palabras que sairon da miña boca son para ti".

Por suposto, a biblioteca de Nuno está chea de libros infantís, para este día tan especial fainos unha pequena selección:








venres, 21 de marzo de 2025

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA



 A poesía é un xénero literario escrito en verso ou prosa que se caracteriza por expresar ideas, sentimentos e historias dun modo estético. Na biblioteca contamos con unha sección adicada á poesía, pero co gallo da celebración do día da poesía Nuno achéganos algúns libros de grandes autores como Gloria Fuertes, Rosalía de Castro... para adentrarnos na beleza deste xénero.


Para este día tan especial na Radio Cristinuna temos un podcast coas Coplas das cantareiras
recitadas e cantadas polo alumnado de 2ºA e 4º de primaria.








mércores, 19 de marzo de 2025

MALETA VIAXEIRA

 Con esta maleta con material inclusivo, rematamos a viaxe compartida que facemos con Bibliotecas Escolares.



Aquí están os nosos voluntarios organizando o reparto dos exemplares para as diferentes aulas.
Se queres ver todos os libros desta malete preme no enlace.






martes, 18 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA

 No seguinte enlace podedes ver máis detalles da visita ao Concello e ademais, as preguntas en exclusiva!



VISITA AO CONCELLO




sábado, 15 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA

 Esta semana, do 10 ao 14 de marzo celebramos a semana da prensa. O alumnado de cuarto de primaria realizou unha saída ao concello de Carballo para facerlle unha entrevista ao alcalde, converténdose así en xornalistas por un día. 










venres, 7 de marzo de 2025

DÍA DA MULLER 8-M



 Na nosa biblioteca contamos con numerosos exemplares de grandes mulleres: escritoras, científicas, deseñadoras, pintoras... todos os días traballamos na búsqueda dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, pero hoxe queremos resaltar o papel da muller no día da súa conmemoración, o 8 de marzo. 






                                                  

Os máis pequenos coñeceron un pouco máis da biografía dalgunhas destas grandes mulleres. 

 




luns, 24 de febreiro de 2025

ENTROIDO

 Empeza a conta atrás para o Entroido e Nuno buscou libros relacionados con esta temática.







venres, 21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía. Fixemos unha selección de recursos sobre esta escritora:


Aprendemos un montón sobre Rosalía de Castro coa axuda do EDLG e plasmámolo sobre un mural:







venres, 7 de febreiro de 2025

LIBROS POLA PAZ

 Nesta entrañable eferméride, unha das visitas que non podemos esquecer  é a escolma de libros relacinados coa paz, expostos nos corredores do primeiro e segundo andar.













xoves, 30 de xaneiro de 2025

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

                            " NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ.

                                   A PAZ,

                           É O CAMIÑO."


 Estas palabras do gran pacifista Ghandi, foi introito para conmemorar esta gran data desde a Biblioteca.

Para reflictir esta reflexión elaboramos dúas actividades:

- Un rosco pola paz, presentado por alumnado de 6º de primaria  e como concursantes 5º e 6º de primaria.

- Un poemario no que participou o alumnado de todos os niveis de primaria, que visualiza a realidade de moitos nenos e nenas que se ven obrigados a vivir,  en deficientes condicións, convertendo resiliencia na súa supervivencia.

Podedes ver as imaxes da súa actuación na radio escolar, Radio Cristinuna, e premendo sobre a primeira e a última foto escoitar os podcast correspondentes.









Seguro que desfrutades destas actividades que foron a nosa ponte de unión no camiño da paz!






venres, 17 de xaneiro de 2025

Certame Contos De Nadal

 Un ano máis participamos no certame de CONTOS DE NADAL  e un ano máis acadamos un posto no podio !

Nesta ocasión a gañadora foi Alba García Suárez de 3º curso de Primaria.

Parabéns!!


Aquí podemos ver a Alba recollendo o seu premio co resto dos gañadores.