venres, 26 de marzo de 2021

NOVIDADES

 

Despedimos o trimestre publicando máis libros, desta vez tamén escollidos polo alumnado de 5º e 6º que foron seleccionando títulos dos catálogos dos que dispoñían nas súas aulas.



Ecolectores:

Nube de neve

O xeito das froitas

O que nunca che contaron

Hilario e os tres medos

Unha misión para Clara

Os horizontes de Adar   


Querido hijo: tienes cuatro padres

Las orejas de los saltamontes

Los maravillosos experimentos de Jorge (Roald Dahl)


Bruxa e familia

El lugar más bonito del mundo

El árbol de los deseos

              

Cuando Hitler robó el conejo rosa

Charlie y el gran ascensor de cristal.

Cómo ser un genio con Matilda.


Como vedes gran variedade. Destacamos 6 títulos de ecolectores que invitan á reflexión sobre como estamos a tratar ao noso planeta. 


Pasade boas vacacións! Estas novidades agardaranvos á volta!



martes, 23 de marzo de 2021

CÓMICS NOVOS

Esta vez os novos libros que presentamos son todos cómics, 
seleccionados polo alumnado de 5º e 6º, pero tamén hai títulos para os máis pequenos.


 Pokemon 

 -Dragon Ball

-Naruto 

-Zelda 

-Boruto

-My Hero Academia 

-Doraemon

-Detective Conan -Pequeños Detectives de Monstruos

-SuperPataca

-La Brujas

-Elona Jones 

-Los Diarios de Cereza :El Zoo Petrificado

-Harry Potter:El Gran Libros de los Personajes

domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización de aquelas linguas que se atopan en perigo. 

No cole estivemos a traballar sobre este xénero literario para hoxe mostrarvos os resultados. Na maioría das aulas fixemos caligramas representando medios de transporte, que nos axudan a viaxar con Nuno. E nalgunhas clases incluso se animaron a elaborar as súas propias poesías relacionadas cos medios de transporte e países que visitamos, así como a morriña de estar lonxe da súa terra.

Esta actividade tráenos moitos recordos, xa que o ano pasado nesta actividade participamos todos e todas dende as nosas casas. Afortunadamente este curso podemos levala a cabo xuntos dende a escola.

Ao longo deste ano aprendimos moitas cousas, entre elas, descubrimos os códigos QR (ou fixéronse máis habituais), nas imaxes podedes ler o texto da poesía e no código QR escoitar ao alumnado recitándoo.








martes, 16 de marzo de 2021

ACTIVIDADES SEMANA DA PRENSA

 Hoxe queremos mostrar algunhas fotos das actividades que levamos a cabo no cole nesta semana da prensa. Os máis maiores un día a semana len o xornal na hora de ler, pero para os máis pequenos non é tan habitual este medio de comunicación. Estes días descubriron os pasatempos do xornal, que se descoloca facilmente, que trae publicidade, viron fotos e inventaron grandes historias a partir das imaxes... todo un descubrimento! Ademais entre todos buscamos BOAS NOVAS e enchemos o corredor da entrada con murais contando estas noticias que nos fan ver que, a pesar de ser un ano complicado, hai motivos polos que estar contentos.






                         










martes, 9 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

Esta semana é a semana da prensa, despois dun ano no que escoitamos moito falar de confinamento, desescalada, restricións, colapso, enfermidade, morte... no cole puxémonos a buscar boas noticias deste ano, que tamén houbo moitas, nuns días mostrarémosvos o resultado. 

Ao recuncho de Nuno a mellor noticia chegou en outubro, cando nos foi concedida a radio na biblio. Hoxe transformámola nunha nova de xornal cun anuncio moi importante: BÚSCASE NOME PARA A RADIO!
Na propia noticia xa se indica que diante da porta da biblio hai unha caixa para depositar o nome/nomes elixidos e entre todos eles escolleremos o futuro nome da radio. Se alguén se anima tamén pode deixar algunha suxerencia en comentarios.







 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

luns, 8 de marzo de 2021

ACTIVIDADES DÍA DA MULLER

No mes de febreiro participamos no concurso para o deseño do cartel da campaña do 8 de marzo 2021 convocado pola  Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No seguinte vídeo amenizado polas cancións de "Non son Fada nin princesa" de Sés e a de "Son muller" do grupo de Teo MBCP, poderedes acceder ao vídeo que recolle todas as propostas do noso alumnado. 

Aquí tedes o enlace: DEBUXOS DÍA DA MULLER 

Estes foron os carteis elixidos que mandamos ao concurso:

Yerai Pereira Castiñeiras (4º)  Ana Velo Rodríguez (5ºA)

Ademais  deste concurso no CEIP Plurilingüe A Cristina tamén quixemos
 conmemorar esta data relacionándoa co noso proxecto anual de centro
 "A VOLTA AO MUNDO CON NUNO"
 Por iso ao longo destas semanas, nas distintas aulas do noso centro,
 levouse a cabo un traballo de investigación sobre Mulleres dos país
 que estamos a coñecerdurante este curso.Unha das conclusións ás que
 chegamos e que aínda queda moito por andar para que o seu traballo
 sexa difundido e se lle dea visibilidade en todos os ámbitos da nosa
 sociedade: comunicativo, social, educativo...
 Hoxe queremos compartir con vós nun vídeo un anaco do noso traballo
 e do traballo destas grandes mulleres no ámbito internacional.

Pinchade no seguinte enlace: MULLERES DO MUNDO


LECTURAS DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dende que temos os libros da muller nas biblios de aula comezamos coa súa lectura, de xeito individual ou en grupo os máis pequenos. Aprendemos un montón sobre grandes mulleres, pero tamén sobre igualdade. 









DÍA DA MULLER



A necesidade de conmemorar un Día Internacional da muller nace a finais do século XIX, despois da Revolución Industrial. O 8 de marzo de 1857, as mulleres que traballaban na industria textil en Nova York, organizaron unha folga.
O 8 de marzo de 2021 a maneira de manifestarse será diferente, pero segue a ser necesario. 

Dende o recuncho de Nuno tamén queremos destacar a importancia da muller ao longo da historia, e neste ano que estreamos radio vimos que a muller tamén tivo un papel importante neste eido:

As mulleres chegan moi pronto á radio. Case dende o inicio compartiron protragonismo cos homes, aínda que non tiveron o mesmo recoñecemento público. Pouco despois de que Radio Barcelona empezara as súas emisións profesionais en 1924 tiña na súa plantilla a Maria Sabaté e a Maria Queralt. 

Pero a feminización da radio chegaría coas primeiras locutoras, cara os anos 30. María Cinta Balagué, a primeira locutora da historia, falaba de literatura os martes e venres pola tarde no programa "Sección Literaria Feminina".


Pola necesidade de reinvindicar a labor da muller, pola importancia que tivo na radio... nace a nosa mascota feminina, e que mellor día para presentala que hoxe! 

Nuna encargarase de todo o relacionado coa radio escolar.



 

domingo, 7 de marzo de 2021

LIBROS DÍA DA MULLER

No recuncho de Nuno fixemos unha selección de libros relacionados coa muller. Hai varias biografías, contos que nos fan ver a discriminación da muller, contos nos que a protagonista é feminina...
Estes libros xa están polas bibliotecas de aula, para que todo o alumnado poida ver estes días e reflexionar sobre igualdade de xénero.





 

xoves, 4 de marzo de 2021

MÁIS LIBROS


Non paran de chegar libros á biblioteca!

 




Os novos títulos son:

COSMO E A ESTRELA PERDIDA

A PANTUFLA DE CELIA

O OSO E O PIANO

Meu avó, rei das pequeñas cousas

CLARA e o rapto do solpor

MORTIÑA  e o amigo pantasma 

O camiño  A CASA

O año que é un porquiño

A CASA GRANDE

  ¡VIDA SANA!

O santo dos croques

Leopoldo pequeno mounstruo

Flipa e compañía



Xa andan polas biblios de aula!