A poesía é un xénero literario escrito en verso ou prosa que se caracteriza por expresar ideas, sentimentos e historias dun modo estético. Na biblioteca contamos con unha sección adicada á poesía, pero co gallo da celebración do día da poesía Nuno achéganos algúns libros de grandes autores como Gloria Fuertes, Rosalía de Castro... para adentrarnos na beleza deste xénero.
venres, 21 de marzo de 2025
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
Para este día tan especial na Radio Cristinuna temos un podcast coas Coplas das cantareiras
recitadas e cantadas polo alumnado de 2ºA e 4º de primaria.
mércores, 19 de marzo de 2025
MALETA VIAXEIRA
Con esta maleta con material inclusivo, rematamos a viaxe compartida que facemos con Bibliotecas Escolares.
Aquí están os nosos voluntarios organizando o reparto dos exemplares para as diferentes aulas.
Se queres ver todos os libros desta malete preme no enlace.
martes, 18 de marzo de 2025
SEMANA DA PRENSA
No seguinte enlace podedes ver máis detalles da visita ao Concello e ademais, as preguntas en exclusiva!
sábado, 15 de marzo de 2025
SEMANA DA PRENSA
Esta semana, do 10 ao 14 de marzo celebramos a semana da prensa. O alumnado de cuarto de primaria realizou unha saída ao concello de Carballo para facerlle unha entrevista ao alcalde, converténdose así en xornalistas por un día.
venres, 7 de marzo de 2025
DÍA DA MULLER 8-M
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)