Amosando publicacións coa etiqueta autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autores. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de abril de 2020

Eu leo na casa: ebook de Eloy Moreno

Hoxe compartimos con vós un ebook gratuito do autor Eloy Moreno  con contos que él recomenda para adultos e nenos e nenas a partir de 7 anos pra facernos a quedada na casa máis entretida.

Agardamos que o desfrutedes:





venres, 10 de maio de 2019

Visita Antonio Manuel Fraga

Hoxe convidamos ao noso centro a Antonio Manuel Fraga para falarnos da súa obra "O castiñeiro de abril", co que traballaron os nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria.


Pasámolo xenial.
Motísimas Grazas.

xoves, 9 de maio de 2019

Visita Antón Cortizas

Hoxe convidamos ao noso centro a Antón Cortizas para falarnos da súa obra "O lapis de Rosalía", co que traballaron os nen@s de 1º e 2º de Educación Primaria.
 Ademais de contarnos cousas moi interesantes fixo con nós esas marabillosas bolboretas que saen da boca de Rosalía dicindo palabras bonitas.


Foi xenial compartir esta experiencia con Antón.
Pasámolo xenial.
Moitas Grazas. 

xoves, 4 de abril de 2019

Visita María Reimóndez

O martes 2 de abril convidamos ao noso centro a María Reimóndez para falarnos da súa obra "O xeito das froitas" co que traballaron os nen@s de 3º e 4º de Educación Primaria.


Pasámolo xenial.
Moitas Grazas.

martes, 2 de abril de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


"OS LIBROS FANNOS ACOUGAR"

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.



Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Selfie LIX Día Internacional» 
(Remata o prazo o 10 de abril).


Algunhas recomendacións lectoras sobre este autor son:










mércores, 23 de maio de 2018

Día das Letras Galegas

María Victoria Moreno é unha das figuras da literatura galega homenaxeada no Día das Letras que máis posibilidades de tratamento, de xogo, de achegamento á literatura e de vínculo coa lingua proporciona no contexto de lectores máis novos.

O noso centro para conmemorar esta data tan especial realizou as seguintes actividades:

A partir da lectura e o traballo das súas obras máis coñecidas fixemos esta exposición dos diferentes ciclos.

Educación Infantil viaxou no barco Arroás, do libro titulado
 "Mar adiante"


Tamén a través dos bolechas puidemos coñecer un pouquiño máis de que trataba esta historia, facede clic na imaxe para ver o vídeo.


http://www.lingua.gal/opencms/system/modules/es.lingua.portal/elements/visor_video.jsp?rutaexterna=http%3A%2F%2Fmultimedia.xunta.es%2Fportaisweb%2FVideos%2Fbolechas%2FLG_VictoriaMoreno_v4.mp4


O 1º Ciclo de E.P. estuvo lendo e traballando "Eu conto, ti cantas".


 
 O 2º ciclo de E.P. traballaron coa obra "A FESTA NO FAIADO".



 E, por último, no 3º ciclo de E.P. estuveron lendo "Leonardo e os fontaneiros".


Este ciclo asistirá o 30 de maio á representación teatral desta obra no Pazo da Cultura.


------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este ano tamén se celebrou a II Carreira pola Lingua do CEIP A Cristina. Para o comezo da mesma Valentín, alumno de 6º de E.P. deleitounos tocando a gaita o himno galego.




O xogos consistían por exemplo: en xuntar as pezas das portadas dos diferentes libros, ordear anacos de texto das súas obras traballadas ou da súa biografía.


GRAZAS!

venres, 20 de abril de 2018

Mochilas viaxeiras 2018

Comezan a chegar de volta á escola as nosas súper mochilas viaxeiras!!


 MOCHILAS DE 6º DE E.I.



MOCHILAS DE 1º E.P.
<





AS DO ALUMNADO DE 5º DE E.P.




AS DO ALUMNADO DE 6º DE E.P.


 Moitas grazas! Menudo traballo!

venres, 6 de abril de 2018

VISITAS ESPECIAIS

O mércores 5 de Abril convidamos no centro a Iago López para realizar un contacontos sobre os libros que estuveron lendo no 1º ciclo de Educación Primaria:

- Axente Riciños.
-Eu canto, ti cantas.


O luns día 9 de Abril convidamos tamén a autora Ana Alonso para falarnos das súas obras:

- "El país de los cuentos": co que traballaron os nenos e nenas do 2º ciclo de E.P.

- "Marea negra": co que traballou o alumnado de 3º ciclo de E.P.




Pasámolo xenial!
Moitas grazas!

luns, 2 de abril de 2018

Día internacional do Libro Infantil


                   

"Os libros fan grande o máis pequeno"



Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.



Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Un conto de H. C. Andersen en cómic».



Algún dos contos máis coñecidos desde autor son, entre outros:

«O patiño feo», 


«O traxe novo do rei»,



 



 «O soldadiño de chumbo»,


 «El ruiseñor»,

 «La sirenita»,








venres, 23 de marzo de 2018

Pasa unhas vacacións... de LECTURAS!

O equipo de Biblioteca elaborou unha serie de recomendacións para desfrutar destas curtas vacacións, sempre ao carón dos contos e libros que nos fan: descrubir, imaxinar, soñar...e, sobre todo, gozar deses momentos que só nos ofrece a lectura.


Vémonos á volta!

xoves, 8 de marzo de 2018

8 de Marzo 2018

Dende o CEIP A Cristina decidimos conmemorar esta data traballando o noso proxecto "As Mulleres Contan" desde a perspectiva artística.

Para isto, escollimos diferentes cadros de arte no que as protagonistas fosen mulleres traballando.

"As mariscadoras" de Luis Seoane.
 

"Muller na horta" de Luis Seoane.



 

 "Apañando froita" de Luis Seoane.

"As panadeiras" Manuel Colmeiro.





"Mulleres traballando 1" de Leandro Lamas. 


"Mulleres traballando 2" de Leandro lamas.





 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

Seguindo coas visitas do noso proxecto, visitounos unha muller moi especial: 

LUPE BLANCO, a regueifeira de Bergantiños.

 

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

MÁIS NOVIDADES

 os ESCORNABOTS xa teñen moitos amig@s no noso centro...nos recreos xogamos un montón!







E por suposto, tamén traballamos con eles nas aulas:






Tamén empezamos co uso dos E-BOOKS na hora de ler. Os nenos e nenas de 3º de Educación primaria están desfrutando esta tempada dunha forma de ler diferente!




 UN SAÚDO!