Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

Feliz verán!!!

Chegou o momento de despedirnos para que vós desfrutedes do verán, e para nós deixar todo preparado para acollervos de novo na vosa biblioteca en setembro.

Pero antes, queríamos agradecervos a vosa compaña e aportacións durante todo este curso, tanto na mesma biblioteca como aquí, no voso Recuncho dixital, especialmente durante estes duros meses que pasamos lonxe de vós.

Ademais, temos unha última mensaxe que compartir para finalizar este curso, queredes saber de quen????



Algúns mestres e mestras da biblio e do cole terán que emprender outro camiño, achegar a outros nenos e nenas os vosos libros, lecturas e actividades preferidas, pero outros profes continuarán con vós, para seguir facendo da nosa biblioteca...o espazo máis especial do cole.

Confío en vós para coidala tanto como o fixeron eles: os nenos e nenas de A Cristina reuníndovos, lendo e xogando nela, os colaboradores axudando a que todo funcione ben, as familias visitándonos para lernos contos....

Unha vez máis... MOITAS GRAZAS!!!!

Despedímonos cun ATA PRONTO desexándovos un feliz verán e que o pasades rodeados de boas lecturas, así que aquí van as recomendacións que todos os mestres e mestras de A Cristina, buscamos para vós.




UNHA APERTA ENORME!

luns, 15 de xuño de 2020

Día Internacional do orgullo LGBTIQ+

Bo día a todos e todas:
 Hoxe, aínda que a súa data é o 28 de xuño, queremos conmemorar o

 Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

 ,tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, o cal refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas co fin de que se respete a todas as persoas, sexa cal sexa o seu sexo ou orientación sexual así como denunciar calquer actitude homófoba.
Ningunha nena ou neno, ningunha persoa, debe sentirse excluida, invisibilizada, acosada ou violentada por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero, ou por non seguir os patróns, estereotipos e roles asignados ao xénero socialmente. 
Ser divers@ e poder vivilo nos centros educativos non é unha cuestión menor, entra dentro da necesidade de avanzar nos dereitos humanos, situar a educación no centro da transformación social e a igualdade efectiva legal e social. 
Por este motivo hoxe compartimos con vós unha serie de contos que fomentan o respeto e o coñecemento da diversidade sexual ou de xénero.








Así como a curta A peluca de Luca interpretado por nenos:


domingo, 14 de xuño de 2020

Mensaxes especiais

Bo día a todos e todas:


Hoxe Jimena, de 4º de infantil, xunto cos seus pais Rober e Patricia, quixeron facer un precioso e gracioso agasallo de despedida aos seus compañeiros e compañeiras, e moi especialmente á profe Nerea para desexarlle  moito arte e  moita sorte na súa nova andaina. 

Traballaron moito nesta familia para facer un marchoso e divertido conto músical, neste caso con música  flamenca, que estou seguro vos encantará!!!!

Conto Olé Sardina!



Moitísimas gracias Jimena e familia!!!!! 

Sodes uns verdaderos artistas!!!!

venres, 12 de xuño de 2020

Eu leo na casa

E seguimos con historias de piratas para que pasedes unha aventureira fin de semana!!!


O pirata pata de lata!

Videoconto




Conto

mércores, 10 de xuño de 2020

Eu leo na casa

Bo día a todos e todas!
Estes días iremos compartindo con vós algúns contos que nos facilitou a profe Rosana para que poidades facer as lecturas ao sol!

Comezamos!!

Capitán Calabrote





Videoconto do Capitán Calabrote



martes, 9 de xuño de 2020

Eu traballo na casa

Bo día a todos e todas:

Hoxe Mateo, de 6º de infantil, comparte con nós os seus traballos para darnos un pouco de ánimo nesta recta final do curso.

Cóntanos que xa está con menos folgos para traballar dende a casa, que outra cousa sería se estivera no cole cos seus amigos e amigas, pero sen embargo quere dar ese empurrón final para estar preparadísimo o curso que ven, pero dunha forma divertida.

Xa domina a direccionalidade




As formas xeométricas



E tamén as sumas e restas




 Moi bo traballo Mateo!!!
Ánimo que xa falta moi pouquiño!!!!


 Para dar o ánimo final, continuamos achegándovos lecturas da man do grupo anaya.

Hoxe as lecturas están relacionadas coas letras. Premede nas imaxes para acceder á súa lectura en liña!




martes, 2 de xuño de 2020

Eu leo na casa

Bo día a todos e todas:

Seguimos hoxe cun divertido conto, Un segredo de familia....

PREMEDE NA IMAXE!


luns, 1 de xuño de 2020

Eu leo na casa

Hoxe traémosvos un libro informativo da man da Editorial Amanuta sobre o noso cerebro e os nosos sentidos.

Un libro moi interesante co que poderemos aprender como funciona unha das partes máis fundamentais do noso corpo.


venres, 29 de maio de 2020

Eu leo na casa

As lecturas de hoxe van dedicadas aos nosos maiores do cole, con viñetas e retos que estamos seguros vos gustarán!


PREMEDE NAS IMAXES PARA ACCEDER A ELES:



xoves, 28 de maio de 2020

EU LEO NA CASA



Hoxe seguimos compartindo lecturas para grandes e pequenos, que as editoriais Grupo Anaya e Amanuta  puxeron á nosa disposición. 

Trátase de dous contos e un diario que podedes imprimir.


Premede na imaxe:
libro solidario agus


Empatía en cuarentena



Diario dunha cuarentena

martes, 26 de maio de 2020

Eu leo na casa

Hoxe compartimos lecturas para os máis peques da casa, que foron compartidos polo Grupo Anaya, non se poden descargar como outros que vimos compartindo, pero sí ler en liña.

Agardamos que vos gusten.

ACCEDEDE A ELES PREMENDO NAS IMAXES!






luns, 25 de maio de 2020

Eu leo na casa

Hoxe compartimos con vós, outros divertidos vídeocontos para desfrutar na hora de ler.






Así como outros contos que a autora, Olga de Dios, compartiu con todos e todas de xeito gratuíto.







Agardamos que vos gusten tanto como a nós.

xoves, 21 de maio de 2020

Día Europeo de Rede Natura 2000



Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000.

Trátase dunha ocasión para que a sociedade teña máis coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación. Esta conmemoración celébrase baixo o lema:
 "O simple  aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo"

Por iso, hoxe Mateo de 6º de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, elaboraron coas súas mans a bolboreta que da vida a esta tan necesaria concienciación que debemos ter para conservar a riqueza das distintas especies coas que contamos e os seus hábitats.









 A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos que se declararon para conservar determinadas especies e hábitats que viven neles. En total son máis de 27.000 en toda Europa!

CALES SON OS VALORES QUE CONVERTEN UN ESPAZO EN REDE NATURA 2000?
A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados.

PERO QUE TEN DE ESPECIAL?
Ademais das numerosas especies de animais, plantas e hábitats que protexe como o aguia imperial ibérica, o oso pardo, o lince ibérico, o  quebrantahuesos, o visón europeo; a cegoña negra, o abeto ou o haxa; a Rede Natura 2000 é o resultado da interacción cultural e histórica entre home e natureza.

Non son só santuarios de natureza, neles realízanse actividades como a agricultura, a gandería, a caza ou o turismo, que garanten a conservación dos valores polos que se declararon espazos Rede Natura 2000.

Na actualidade está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo!.

A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total de Galicia.

Unha magnífica idea Mateo e Rodrigo! Moitas grazas!!!


Compartimos ademais un conto cedido pola autora Olga de Dios que nos fará reflexionar na necesidade de colaborar para manter a nosa natureza limpa, así como outro conto sobre animais en perigo que proporciónanos a editorial Anaya.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A ÉL:


luns, 18 de maio de 2020

Eu leo na casa

Hoxe queremos compartir con todos vós uns contos moi adecuados aos tempos que acontecen.

Estes contos foron compartidos de xeito gratuíto grazas aos seus autores Jose Carlos Román e David Lorenza e á  Triqueta Editora.

Moitas grazas!!








Aproveitamos para lembrarvos que hoxe é o último día para cubrir a enquisa de valoración da biblioteca escolar por parte das familias que atoparedes nun enlace enviado a través do voso AbalarMóbil. 
Moitas grazas de novo pola vosa colaboración!

mércores, 6 de maio de 2020

Eu quedo na casa/ Eu debuxo na casa

Hoxe compartimos con vós un cuadernillo de actividades para elaborar os vosos Cómics que nos proporcionou sallybooks.es de xeito gratuíto. Aínda que a idade que recomendan é a partir de 9 anos, podedes pedirlle axuda aos vosos irmáns, pais, nais....





A que agardades para ensinarnos as vosas primeiras creacións en banda deseñada??

domingo, 3 de maio de 2020

Día Internacional da Risa

Hoxe celébrase o Día Internacional da Risa.


                                   Rodrigo, 4º de primaria                 Mateo, 6º de infantil

Esta conmemoración ten lugar todos os anos o primeiro domingo do mes de maio, coincidindo co Día da nai.

A risa é un medio para manifestar de forma positiva a paz mundial e a construción dunha conciencia global de irmandade e amizade.

A risa ten moitas vantaxes, entre as que destacan:
• Libéranse hormonas e  neurotransmisores, como a  oxitocina, a  serotonina,  dopamina e  endorfinas. As cales xogan un papel fundamental no estado anímico.
• Deste xeito redúcenos a angustia e incrementa a autoestima.
• Ademais a nivel físico  ventila os pulmóns, reduce a glucosa en sangue, aumenta o ritmo cardíaco e diminúe a presión arterial.


Ademais existen moitas curiosidades relacionadas coa risa:
• Con cada gargallada actívanse preto de 400 músculos.
• Algúns músculos do estómago só pódense exercitar coa risa.
• As persoas  risueñas teñen un 40% menos de problemas vasculares.
• A xente alegre vive de media 4 anos máis (e mellor).
•  Rir axúdanos a liberar tensións e a cambiar de actitude.
• A risa fomenta que os pensamentos sexan máis positivos.


Que vos fai a vós rir??? unhas cóxegas, un chiste, monólogos..... A risa ademais é contaxiosa!!!!

Mateo, de 6º de infantil. e Rodrigo, de 4º de primaria, ademais dos divertidos emojis que fixeron, comparten con nós un vídeo moi gracioso co que se parten de risa eles e a súa familia cando o ven. Trátase dunha divertida escena de Mateo cando era pequeno:




Ademais, hoxe compartimos con vós algúns dos vídeocontos publicados no Salón do Libro de Pontevedra, que este curso como ben sabemos trataron a temática do humor, e que seguro, vos sacarán un sorriso:













Agardamos que vos gustaran e vos fixeran rir mooooito, moito!!!

Tamén aproveitamos a ocasión para 
Felicitar o Día a tódalas vosas nais!!!

Unha aperta grande!

xoves, 30 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Hoxe compartimos con vós unha narración da Editoria Weeblebooks titulada " 5 letras y 2 números. Como vencimos al COVID-19".





Agardamos que vos guste.

mércores, 29 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Hoxe compartimos con vós o enlace á web de Bubok, unha  plataforma de edición independiente, na que atoparedes moitos libros electrónicos que podedes descargar de forma gratuíta.

Agardamos que sexa do voso interese.

Premede na imaxe para acceder a eles!





venres, 24 de abril de 2020

Eu leo na casa/ 23 de abril Día do libro.

Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril dende  1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas así coma os dereitos de autor.

Como sabedes, todos os cursos por esta data realizamos os apadriñamentos lectores, pero nesta ocasión, todos os voluntarios converterémonos en padriños e madriñas de todo aquel que queira escoitar os nosos contos, e á vez, poderemos vernos e/ou escoitarnos de novo.


Moitas grazas a tod@s pola vosa participación, 
agardamos que vos gusten 
e que teñades un moi feliz Día do Libro.

Carla- 4º de primaria 




Daniel- 5º de primaria


Thiago e Álex- 4º de infantil


Germán- 6º de infantil


Laura- 6º de infantil


Mari Loli- 6º de primaria



Mario- 4º de primaria



Aula de 3 anos


Mateo-4º de Infantil.


Sara- 4º de Infantil.


Jimena- 4º de Infantil e a súa familia.

Fabiola- 4º de Infantil e a súa nai.


Marcos 5º de infantil e súa nai

Mateo6º de infantil.



Germán- 6º de infantil e Fabiola- 4º infantil e o seu papi.

Nicolás Peloche- 6º de infantil e a súa nai


 Roque- Lucía e Carmen - 1º de primaria


Adrián - 2º de primaria e  familia



 Aroa - 2º de primaria



Natalia- 2º de primaria


 Carmen- 2º de primaria



Ainara- 2º de primaria



Lucas- 2º de primaria



Desireé- 2º de primaria


Leo- 2º de primaria



Yaiza- 2º de primaria


Alejandro- 2º de primaria


Abel- 2º de primaria e familia


Xoel- 2º de primaria 


Gael- 3º de primaria e Xián- 6º de infantil


Mauro- 3º de primaria e Saúl- 4º de infantil


Hugo- 3º de primaria e Julia- 1º de primaria


Daniela- 3º de primaria


Manuel- 3º de primaria


Yeray- 3º de primaria


Pablo Amarelle- 3º de primaria


Judith- 3º de primaria


Rodrigo- 3º de primaria


Olivia- 3º de primaria


Nuria- 3º de primaria


Uxía- 3º de primaria



Alba- 3º de primaria




Adrián- 3º de primaria



Nicolás Pose- 3º de primaria


Pablo Teijeiro- 3º de primaria


Mayra- 3º de primaria



Anxo- 3º de primaria


Román- 3º de primaria
Laura- 3º de primaria e Lucía- 5º de primaria


Lucía - 3º de primaria e Ricardo- 4º de primaria


Rodrigo- 4º de primaria


Lía- 4º de primaria



Mateo- 4º de primaria


Andrea- 4º de primaria


Issei- 4º de primaria


Celia- 4º de primaria


Iker- 4º de primaria


Anxo- 5º de primaria


Xano- 6º de primaria


Anxo- 6º de primaria



Profe Carmen Regueira



Profe Laura



Profe Carmen Rama



Profe Elvira


Profe Adriana





Profe Nuria





Profe Lucía



Profe Sandra


Profe Tania



Profe Rosana



Profe Manuela 


MOITAS GRAZAS FAMILIAS E PROFES!
SODES XENIAIS!!!