xoves, 28 de xaneiro de 2021

RECURSOS DÍA DA PAZ


 Hoxe compartimos unha serie de curtas seleccionadas polo equipo de convivencia para reflexionar sobre a importancia da paz, de compartir, do amor... seguro que a todos se vos ocurren moitas máis palabras relacionadas con esta temática verdade? Pois hai uns lazos ben bonitos colgados no cole, cheos de palabras moi fermosas. Pero o resultado final destes lazos verase mañá, hoxe, como dicía, a publicación é para compartir curtas, para que poidades ver o día da paz e sempre, pois os valores dos que estamos a falar esta semana teñen que estar presentes todos os días.



Nenos e nenas que estades a pasar uns días na casiña, animádevos a buscar a vosa curta favorita!

E por último un escape rooom do día da paz, para recordar a figura de Malala que xa coñecimos o día dos dereitos do neno. 







1 comentario: