mércores, 3 de novembro de 2021

SAMAÍN NO CEIP A CRISTINA

 Queremos compartir con todas e todos vos as actividades que levamos a cabo en torno á celebración do Samaín no noso centro. 

Como xa sabedes, este ano no centro estivemos traballando lendas e seres mitolóxicos galegos que inspiraron ao pintor Urbano Lugrís. Os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria gravaron na radio varios destas historias para dar comezo á celebración do Samaín.

Fixérono xenial!!!! Esperamos que vos guste. Pinchade na foto para escoitalos!!!


Como xa explicamos anteriormente, durante estas semanas estivemos coñecendo o pintor Urbano Lugrís. Coñecemos datos sobre a súa vida e as súas obras e serviunos de inspiración para reproducir os seus cadros e para crear os nosos propios seres mitolóxicos para celebrar o Samaín. Todas estas creacións decoran os corredores do noso centro. Deixámosvos un vídeo onde poderedes velas todas.

Tamén puidemos realizar grazas as vosas "manualidades" de Samaín unha exposición virtual.

Moitas grazas pola vosa participación!!! Sen a vosa axuda non sería posible!!!

Esperamos que desfrutedes da exposición virtual!!!




1 comentario: