martes, 25 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO (3)

 En RADIO CRISTINUNA, seguimos coa nosa sección : 

        Recomendacións Lectoras

Nesta ocasión foi a quenda do alumnado de 3ºe 4º de primaria. 

Valeria, Iria e Victoria "puxéronse nas ondas" , contándonos a súa experiencia sobre a lectura deste trimestre "As Pombas de Bastián", e ademais, aproveitaron para darnos unha pincelada do seu traballo monográfico sobre a autora, María Canosa. 

Por suposto, co apoio do equipo técnico: Lucía e Adrián!



Non perdades o seu audio!!  Podedes escoitalo premendo na imaxe seguinte:










1 comentario: