Sen esquecernos que o lema das Bibliotecas para este ano é
ESCRIBIR,
deixamos outra contribución coa elaboración de poesías de adiviñas, seguindo o formato clásico.
A creación da adiviña, acompañada dunha ilustración a modo de verificación do acerto ou non, supuxo un bonito traballo.
Din que "o falar non ten cancela", e moito menos a escrita, onde nos podemos agochar para contar as nosas penas e glorias. Así vense facendo desde hai milleiros de anos, e aos primeiros dámoslle unha relevancia especial: Mesopotamia e Exipto.
Así, o alumnado de 4º de primaria, empregou a escritura cuneiforme e xeroglífica.
Velaí o resultado destas magníficas obras, para as que tamén realizaron o soporte axeitado.
E como non, tamén escribimos CALIGRAMAS:
👏👏👏
ResponderEliminar