mércores, 4 de febreiro de 2026

FIN DO CLUBE DE LECTURA "NENA E O MAR"

 O pasado xoves tivo lugar a última sesión do clube de lectura "Nena e o mar". Foi momento de facer balance e reflexionar sobre a experiencia dese espazo de lectura literaria durante os pasados catro meses. 

Durante a primeira parte da sesión, mentres o alumnado merendaba, tratamos de extraer as dúas principais ensinanzas que se extraen do libro.

Unha delas é que nunca debemos de perder a esperanza, aínda que as situacións nos sexan adversas, pois so quen confía e persevera remata acadando o que, a priori, semellaba inalcanzable. 

Do mesmo xeito, vida soamente hai unha e debemos aproveitala para vivir aventuras e así evitar caer no tedio e no sopor dunha existencia lánguida e monótona. As aventuras, a emoción e saír da nosa zona de confort insúflanos enerxía e vitalidade para desfrutar de todo o bo que o mundo no que vivimos ten para ofrecernos.


Xa na segunda parte da sesión, debatimos sobre outras cuestións técnicas e relacionadas especificamente co libro como o arco de evolución das personaxes, cal deles fora o seu favorito, que lles gustou máis, que menos... E cal sería o próximo libro que lles gustaría ler xa que, despois de todo, o fin último e supremo do Clube de Lectura non é outro que fomentar o hábito e o gusto pola lectura como algo cotiá, frecuente e habitual do día a día dos nen@s!


Ningún comentario:

Publicar un comentario