Os mércores e os xoves temos nova cita na biblio. Esta semana comezou o clube de lectura de "La muy catastrófica visita al zoo", unha historia deliciosa, divertida e para compartir. Imposible non empatizar co grupo de nenos e nenas protagonistas.
Nunha primeira parte da sesión, aproveitamos para comentar a lectura dos dous primeiros capítulos. Coñecemos a Josephine, a protagonista, unha nena que asiste a unha escola de educación especial, e aos seus amigos.
Os lectores anotaron aquelas palabras e expresións que non lograban comprender: poñerse de perfil baixo, de boas a primeiras, suimanga, queloide... Coa posta en común logramos coñecer o significado segundo o contexto. Logo, aproveitamos para escribir os conceptos en tarxetas coidando a grafía e iniciándonos no lettering.
O xoves, co alumnado de cuarto e quinto de primaria, iniciamos a actividade do "Superpoder". Josephine, no capítulo 2, describe aos seus amigos do cole especial. Nós tamén tivemos que describirnos empregando a metáfora do superheroe e da superheroína, destacando "superpoderes" (fortalezas) e "criptonitas" (debilidades) de cada un/unha.
Logo, elaboramos unhas máscaras e antifaces de superheroes e superheroínas.










Ningún comentario:
Publicar un comentario