mércores, 25 de marzo de 2026

CONCURSO PODCAST RADIO NA BIBLIO


 Participamos no concurso Radio na Biblio, seguindo a temática proposta: “Mitoloxía clásica na literatura galega contemporánea”, poñendo ademais o foco nas figuras femininas.

Trátase dun traballo internivel no que se combinou a lectura documental, a realización dunha entrevista a un dos autores presentes na nosa bibliografía, Xan Eguía, e, como guinda do pastel, unha lectura dramatizada dun conto clásico.

Un proxecto completo, creativo e cheo de voz propia, no que a literatura cobrou vida a través da palabra.

Para escoitar o podcast, podedes premer na imaxe.






Ningún comentario:

Publicar un comentario