Fomentando o pracer pola escritura e a lectura, englobado dentro das directrices do PLEA e co lema de Bibliotecas Escolares para este curso, decidimos impartir un obradoiro con ALOUETTE MACHINE: unha imprenta itinerante que recupera a tipografía tradicional. O alumnado de 2º e 3º curso de primaria, aprendeu a xogar cos elementos gráficos e a descubrir como se elaboraban antigamente libros, carteis ou postais, empregando ferramentas como prensas, tintas e tipos de madeira.
A nosa proposta foi a realización dun Scrabble colectivo, composto por palabras motivadoras (compartir, imaxinar...), enchendo o espazo de mensaxes cheas de creatividade, para decorar a biblioteca. Ademais fixemos carteis para anunciar unha obra de teatro que se está preparando no 2º ciclo, e publicidade por unha campaña solidaria na que colaboramos co concello.
Unha chulada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario