O pasado mércores, día 20 de maio, tivemos a gran honra de recibir no noso centro á escritora galega
Eva Mejuto, autora do libro Queco e Kika, unha lectura que traballou e gozou o alumnado de 3º e 4º de EP previamente na aula.
Durante o encontro, Eva demostrou unha proximidade e unha paciencia admirables cos máis pequenos/as. Os nenos e nenas, entusiasmados coa historia de Queco e Kika, non pararon de levantar a man e fixéronlle moitísimas preguntas para resolver as súas inquedanzas ou dúbidas. Eva respondeu a cada un/unha cun gran sorriso. Gañando o cariño de todo o público.
Para poñer o broche final, a autora dedicou un tempo a asinar exemplares dos seus libros, deixando un recordo personalizado e único para cada alumno/a.
O alumnado espera impaciente pola segunda parte da historia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario