mércores, 30 de setembro de 2026

BOOK CROSSING

 

Os libros tamén queren viaxar!

No CEIP A Cristina estamos moi contentos de presentarvos unha nova iniciativa: instalamos un punto de book crossing no patio!


En que consiste? É moi sinxelo: creamos un espazo no que os libros poden pasar dunhas mans a outras. Dentro casiña atoparedes libros para nenos e nenas de educación infantil, educación primaria e tamén para adultos. Calquer persoa pode deixar alí un libro que lera e que queira compartir ou coller outro dos que xa están, desfrutar da súa lectura e, se o desexa, voltar a poñelo en circulación para que siga viaxando.  






















1 comentario:

  1. Grazas ao esforzo constante por manter estes espazos activos, cada semana temos a oportunidade de asomarnos á vida escolar e recibir información detallada de todos os aspectos que forman parte do crecemento dos nosos nenos e nenas. Paga moito a pena entrar en O Recuncho de Nuno (o blog da biblioteca) e en Disfrutamos movéndonos (o de educación física) para descubrir o contido tan coidado que preparan.
    Moitas grazas ao profesorado por facelo posible.
    Moito éxito a todos neste novo curso!🫂🫂

    ResponderEliminar