Na nosa escola seguimos explorando, experimentando e aprendendo de xeito divertido! Esta vez, os nenos e nenas de educación infantil convértense en pequenos e pequenas especialist@s en robótica.
A través deste obradoiro, o alumnado achégase ao mundo da programación e do pensamento computacional mediante o xogo, a manipulación e a superación de pequenos retos adaptados a súa idade.
Entre robots, percorridos e moitas ganas de descubrir, aprendemos a dar instrucións, anticipar movementos, buscar solucións en traballar en equipo. Cada actividade convértese nunha oportunidade para traballar a lóxica, a creatividade, a orientación espacial e a autonomía.
E, por suposto, non faltan a curiosidade, as sorpresas e os sorrisos! Porque aprender tamén é experimentar, equivocarse, volver intentalo e descubrir que somos capaces de conseguir grandes cousas paso a paso.
Con iniciativas coma esta, seguimos apostando por unha aprendizaxe activa, manipulativa e motivadora, na que a tecnoloxía convértese nunha ferramenta para pensar, crear e aprender.
Pequenos robots, grandes ideas e moitas ganas de seguir aprendendo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario