xoves, 29 de outubro de 2020

LECTURAS TERRORÍFICAS

 Este ano non puidemos ir contar contos nas distintas clases debido á COVID-19...pero esta situación non fixo que deixaramos de realizar a actividade! 

Tivemos que adaptarnos ás circunstancias e as alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria prepararon as lecturas e graváronas para que os demais alumnos e alumnas do centro poidan desfrutar con elas!!!!

Vos tamén podedes, mirando os seguintes vídeos. Esperamos que vos gusten. 

A nós encantáronos!!!!

5ºA




5ºB


6ºA


6ºB

Pasastes moito medo? Jajajajajajajajaja

martes, 27 de outubro de 2020

CONTOS TERRORÍFICOS


 A Nuno encántalle o Samaín, por iso, ademais da súa selección de curtas, pediu a vosa colaboración.   

E o resultado.... familias con grandes dotes de narración!  Non podemos estar máis encantados con estes contos tan fantásticos que quixestes compartir con nós!!!!!

Agradecémosvos moitísimo o  voso esforzo, ilusión e colaboración!!!!!!!

 
Aquí tedes estas grandes interpretacións:

  ¡Qué risa de huesos! - Germán (1º EP)



Carabuñas - Marcos (6º EI)  



Yaiza (3º EP) e Kevin (1ºEP) 



Hansel y Gretel - Nayra (5º EI)





¡A min non me comas! - Aroa (3º EP) e Mateo (5º EI)



O noso Samaín - Noa Cancela (2º EP)




¿Quién tiene miedo? - Mateo (5º EI)


Teño medo - Carmen (3º EP)



Os esqueletos divertidos - Familia de Carmen (2º) e de Lucía (2º) e Leo (5º EI)



Corre, corre, Cabaciña - Familia de Oliver (4º EI)


Noche de fantasmas - Rodrigo (5ºA EP)
 



Onde viven os monstruos - Mariña (4º EI)
 


La casa del pueblo - Daniela, Ainhoa e Claudia (6º EP)



 

                                 MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN 


luns, 19 de outubro de 2020

CELEBRAMOS O 24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES CON XEOGRAFÍAS LECTORAS

 O lema elixido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.

 Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".

- Descubrir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, ...).

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade, neste caso lecturas que nos axuden a comprender mellor o noso mundo e lecturas que nos axude a entender o mundo dos outros...

Nesta primeira actividade que propuxemos, o noso alumnado comparte con toda a comunidade educativa os libros que lle lles permitiron deixar voar a súa imaxinación durante o confinamento e o tempo de vacacións previo ao comezo das clases. Aquí compartimos con vós a súa selección .

Desexámosvos unha moi boa viaxe a través da súa lectura!!!!




martes, 13 de outubro de 2020

NOVAS NORMAS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, este curso non podemos usar a biblioteca como o facíamos antes. Grazas as caixas viaxeiras temos un cachiño de biblioteca en cada clase, non é o mesmo pero temos algo moi importante... OS LIBROS! 
Ao longo do curso esperemos que poidades visitar a Nuno no seu recuncho, e non só de xeito virtual. Porque a biblioteca está chea de libros, pero neste recuncho falta algo aínda máis importante que os libros...faltan os nenos e nenas!


                           A biblioteca está baleira sen vós!


É necesario seguir as novas indicacións para o uso dos libros, aquí atopades un enlace ao Protocolo Biblioteca  onde se explica como manipular os libros, como son os empréstitos e devolucións, o aforo e a organización do espazo.    

xoves, 8 de outubro de 2020

MISTERIO RESOLTO



Como non podía ser doutra forma, as caixas estaban cheas de libros!

Este curso, de momento, non podemos usar a biblioteca no recreo, polo que Nuno levou a cada aula un cachiño de biblio: unha caixa viaxeira chea de libros.




              





martes, 29 de setembro de 2020

COMEZAMOS!

      Benvidos nenos e nenas a un novo curso escolar.

      Neste curso tan especial Nuno algo está a preparar...

                             Que será? Que será?



Atentos a este blog, pronto se descubrirá!