O próximo 30 de xaneiro conmemoramos o "Día da Paz".
Dende a Biblioteca propoñemos as lecturas que podedes atopar nos expositores dos corredores.
Esperamos que os desfrutedes.
Paz e amor!
O próximo 30 de xaneiro conmemoramos o "Día da Paz".
Dende a Biblioteca propoñemos as lecturas que podedes atopar nos expositores dos corredores.
Esperamos que os desfrutedes.
Paz e amor!
Dado que neste mes conmemoramos o Día da muller e a nena na ciencia, aproveitamos para contar como un recurso máis, cos fondos da MALETA VIAXEIRA, en concreto "CIENCIAS PRIMARIA", que conta con libros moi interesantes que distribuímos para todas os niveis de infantil e primaria.
O voluntariado da biblioteca encargouse de facer o reconto de entrada e a clasificación supervisada, dos libros por niveis.
Como podedes ver, nas aulas xa estamos a tope aprendendo un montón con eles.
A listaxe completa dos libros tamén está nesta entrada, premendo na imaxe.
Como xa publicamos, o alumnado de 5º de primaria ganou o certame do Teatro LIDO, organizado polo concello.
O premio obtido foi un vale para canxear nunha libraría que é quen figura como patrocinador. Decidimos "traducir" ese importe en xogos que dunha forma lúdica nos achegan á cultura dunha forma divertida.
Seguro que os nosos nenos e nenas recoñecen a importancia da súa boa interpretación radiofónica.
A desfrutar!
Un ano máis achegamos as nosas recomendacións de Nadal .
Son lecturas seleccionadas que nos pareceron axeitadas e interesantes. E quen sabe! Ao mellor Papá Noel ou Os Reis Magos coinciden coa nosa opinión e déixannos na casa estes libros como agasallo de Nadal!
Sentimos moita mágoa despois de coñecer o falecemento dun escritor coruñés ao que o noso centro ten en moito aprezo, e que xa tivemos a sorte de compartir con el , xornadas literarias na biblioteca.
Por casualidades do destino, ao comezo de curso, eliximos a súa obra para traballar no centro, e curiosamente, este vai ser o noso homenaxe para el.
“El humor es mi forma de ver el mundo, no sé hacer las cosas sin él: ni educar, ni escribir, ni vivir…" (El Hematocrítico")
Ata sempre, Miguel!
A biblioteca do Concello de Carballo, "REGO DA BALSA", convidounos a asistir a unha representación teatral , da compañía "GALEATRO", para homenaxear a Carlos o Xestal.
Acudimos 3º e 4º de primaria, e foi moi divertido e intersante, xa que descubrimos cousas que non sabiamos deste personaxe tan noso. Incluso tivemos a sorte de interactuar cos actores, poñéndonos na pel deste emblemático showman.
Nin máis nin menos que HUGO, versus "O Xestal". Fantástica actuación! Do cole ao mndo da farándula, hai a carreiriña dun can! Mirade, mirade o vídeo!