domingo, 17 de maio de 2026

SEMANA DO LIBRO (V): OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 O alumnado de 3º de Primaria realizou unha creativa manualidade empregando papel de reciclaxe, dando forma a unha árbore moi especial na que “publicaron” os seus libros favoritos, deixando ver mesmo as páxinas que agochan no seu interior. Un traballo cheo de imaxinación e significado, acompañado do fermoso lema: 

                   “Planta un libro e recolle coñecemento!”.

Ademais, a obra ten unha finalidade práctica que é convertelo nun lapiceiro e organizador de escritorio, traballando Reducir e Reciclar.

 Uns verdadeiros artistas!























OBRADOIRO DE ORIGAMI

 O alumnado do club de lectura de "La muy catastrófica visita al zoo" iniciouse na arte do origami. Como ben sabedes, consiste en crear figuras tridimensionais sen usar tesoiras nin pegamento.

Neste caso, decidimos elaborar siluetas de animais para crear o noso propio zoolóxico, intentado recrear o espazo que visitaron Josephine e os seus amig@s nos últimos capítulos do libro.

Fixemos tigres, koalas, pingüíns, raposos...



 





venres, 24 de abril de 2026

BÚSCASE...

 Os e as detectives do club de lectura de "La muy catastrófica visita al zoo" andan na procura de pistas para atopar a varios sospeitosos. Botádelles unha ollada aos seus retratos, a ver se os recoñecedes.

Nas próximas xornadas teredes unha descrición máis detallada dos delincuentes. Así, os nos@s alumn@s imitan a Josephine e aos seus amigos na procura do culpable da inundación do seu cole.

 






 



xoves, 23 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO (IV): TRABALLAR UN CONTO

 A aula de 5º de Infantil traballou os libros dun xeito diferente e moi especial: dando vida ás ilustracións dos contos cos propios alumnos e alumnas como protagonistas. Así, os nenos e nenas convertéronse en auténticos personaxes das historias que tan ben coñecen, mergullándose nelas dunha forma creativa e emocionante. 

Parabéns á profe Raquel pola súa marabillosa montaxe!









SEMANA DO LIBRO (III): BIBIOTECA REGO DA BALSA


Un ano máis, colaboramos coa exposición organizada na Biblioteca Municipal, Rego da Balsa, achegando os traballos relizados no centro en relación con tema do Salón do LIbro "A MÚSICA".





SEMANA DO LIBRO (II): TEATRO

 



Na semana do Libro, o Concello organizou unha xornada teatral: a representación "Coralinda", á que asistimos o alumnado do cole.

Unha sensibilización á emigración, que os nenos desfrutaron e debatiron.






OBRADOIRO DE IMPRENTA


 Fomentando o pracer pola escritura e a lectura, englobado dentro das directrices do PLEA e co lema de Bibliotecas Escolares para este curso, decidimos impartir un obradoiro con ALOUETTE MACHINE:  unha imprenta itinerante que recupera a tipografía tradicional. O alumnado de 2º e 3º curso de primaria,  aprendeu a xogar  cos elementos gráficos e a descubrir como se elaboraban antigamente libros, carteis ou postais, empregando ferramentas como prensas, tintas e tipos de madeira.

A nosa proposta foi a realización dun Scrabble colectivo, composto por palabras motivadoras (compartir, imaxinar...), enchendo o espazo de mensaxes cheas de creatividade, para decorar a biblioteca. Ademais fixemos carteis para anunciar unha obra de teatro que se está preparando no 2º ciclo, e publicidade por unha campaña solidaria na que colaboramos co concello. 

                        Unha chulada!