xoves, 27 de novembro de 2025

NOVEMBRO CIENTÍFICO (II)

 Seguimos experimentando no laboratorio da biblio. Hoxe comprobamos as propiedades do aire e dalgúns dos seus compoñentes, como o osíxeno. Que papel xoga o osíxeno na combustión? Que relación hai entre aire e o comportamento dos líquidos? Velaiquí tendes algunhas respostas.

 









xoves, 20 de novembro de 2025

FACENDO NÓS MARIÑEIROS

 Outra sesión máis do Clube de Lectura! Grazas ao libro de "Nena e o mar" aprendemos a facer nós mariñeiros: o nó de oito, o de rizo e o de ballestrinque!

 Xa estamos listos para embarcar!

 



mércores, 19 de novembro de 2025

NOVEMBRO CIENTÍFICO (I)

Para conmemorar este mes, estamos a traballar os fondos da maleta viaxeira, a co gaio de esta  celebración e deixamos no corredor a nosa proposta cos libros escollidos para este novembro científico:


E despois do éxito obtido o curso anterior, repetimos o obradoiro de experimentar  cunha exposición fedelleira: corpo humano, animais, observación de animais e obxectos....  
Que ben o pasan os nosos científic@s!









SAMAÍN NA BIBLIO

 Xa decoramos....




E ademais, o alumnado de 6º de primaria, recitou na radio, contos de Samaín,  de creación propia! Temos uns artistazas!!
Escoitádeos premendo sobre o botón.

























venres, 7 de novembro de 2025

INICIANDO BIBLIO CREATIVA

 Esta semana iniciamos a nosa andaina en Biblio Creativa presentando os distintos robots cos que imos experimentar e programar ao longo do curso como, por exemplo, o modelo Photon ou o Puppy VinciBot. 

Coñecemos un pouquiño máis acerca do seu funcionamento.
 
 
 
Tamén estivemos xogando co modelo BricQ de Lego, unha ferramenta que nos pode axudar a que o alumnado acade competencias ao mesmo tempo que se divirte. 

Ao final da sesión, a profe Anaís entregoulles aos participantes un chaveiro con forma de robot que deseñou e imprimiu na impresora 3D. Que chulada!