mércores, 30 de outubro de 2019

Celebración do Magosto- Samaín

E hoxe por fín chegou o ansiado día:

A festa do magosto e samaín!!!!!

Foi unha xornada chea de moitas emocións. Demos,pantasmas, meigas, mortos, esqueletos e todo tipo de personaxes arrepiantes  pasamos un día xenial: visionamos curtas na biblio, xogamos con actividades lim nas aulas, degustamos castañas asadas e xogamos a xogos tradicionais coas castañas no patio.

Velaquí vos deixamos algunhas imaxes do día.

Vémonos o luns e agardamos que desfrutedes ao máximo estes días. Moitas grazas por todo!!!!


martes, 29 de outubro de 2019

Lecturas compartidas e lendas arrepiantes

“A nada en la vida se le debe temer. Solo se le debe comprender”.

-Marie Curie-


O noso cole está cheo de valentes, de aí que hoxe, na primeira sesión de curtametraxes terroríficos na biblioteca, acudiran moitos nenos e nenas dispostos a divertirse e pasar moito "medo".


Ademais, como din que o medo é adictivo, continuamos a hora de ler con contos do Samaín da man dalgúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria que esmeráronse ao máximo para que todos e todas desfrutáramos das súas lecturas.

Moitas grazas chic@s! Pasámolo xenial grazas a vós!!!

Lembrarvos que hoxe e mañán tedes as portas do centro abertas para ver a exposición das vasoiras tenebrosas que fixestes nos vosos fogares.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación. Sen vós non sería posible a ilusión que teñen todos os alumnos e alumnas do centro.


Aquí deixamos un vídeo con algunhas imaxes do acontecido esta xornada acompañadas do fantástico tema de Paco Nogueiras, "Moito maxín no Samaín":







luns, 28 de outubro de 2019

Un contacontos aterradoramente... divertido!!!!!

Comezou a semana máis tenebrosa do curso, e como non podía ser doutra forma hoxe pasámolo terrorificamente xenial, nesta ocasión grazas ao contacontos realizado polas nais de Lucía e Leo, Roque e Carmen.

Tivemos o pracer de desfrutar de dúas sesións de teatro sobre o conto de Carabuñas, unha para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, e nunha segunda quenda todo o alumnado de Educación infantil.

E por se fora pouco, agasalláronnos a todos cun divertidísmo anel de morcego!!

Pasámolo de medo con vós! 

Aquí compartimos unha mostra de tal evento:








Moitísimas grazas Susana, Yolanda e Bea.
Agardamos que repitades moi pronto!!!

xoves, 24 de outubro de 2019

Día das bibliotecas escolares

Chegou o día do Recuncho de Nuno, da nosa biblioteca, e tal e como prometemos, compartimos con vós os traballos realizados polo alumnado do centro.

Nesta ocasión, na distintas aulas realizaron unha actividade de formación de usuarios da biblioteca para coñecer a nosa CDU e as distintas partes dun libro, e tomaron como centro de interese o proxecto do centro deste curso, os xogos olímpicos.

Sentímonos moi orgullos@s de todos os alumnos e alumnas, mestres e mestras que dedicaron moito tempo e esforzo para realizalos.

Como podedes ver, traballaron duramente para ensinarnos datos curiosos sobre os xogos olímpicos, deportes e deportistas así como rimas, adiviñas e moitas cousas máis.
Podedes atopalos expostos na entrada do noso centro.






Agardamos que vos gusten tanto como a Nuno e ao equipo de biblioteca. Noraboa a tod@s!!!!


Que gran traballo!!!


Hoxe ademais de celebrar o día visionando proxeccións sobre as bibliotecas e o seu funcionamento e importancia, tamén puideron consultar  os traballos elaborados na exposición, os cales foron premiados cun diploma polo seu esforzo e participación. 
Aquí compartimos a foto do representante de cada aula. Noraboa!









Representante de 4º EI


Representante 5º EI


Representante 6ºEI



Representante 1º EP


Representante 2º EP


Representante 3º EP


Representante 4º EP


Representante 5º EP


Representante 6º EP




mércores, 23 de outubro de 2019

Día das bibliotecas escolares

Achégase o Día da biblioteca escolar e por este motivo gustaríanos dar a coñecer a nosa.

Entre todos e todas, tratamos de facer dela un lugar onde teñan cabida todas as persoas, un lugar onde aprender, relacionarse cos demais, relaxarse e, sobre todo, desfrutar dos momentos de lecer dunha forma divertida e pracenteira.

Por iso este curso, co valioso traballo e esforzo do alumnado de 5º EP e da súa titora Lucía así como coa participación do alumnado que cada día pasa o seu tempo durante o recreo e que fan que todo o noso traballo e ilusión teña un bo motivo, quixemos dar a coñecer algunhas das actividades que na nosa biblioteca se realizan, pero dunha forma moi especial, a través da lingua de signos.

Moitas grazas chic@s e profe Lucía!!!














Este vídeo así como outras curtas que fan unha homenaxe ás bibliotecas podédelas ver este xoves 24 de outubro no Recuncho de Nuno durante o recreo. Aquí vos deixamos o cartel!



martes, 22 de outubro de 2019

Recursos polo Samaín

Achégase xa unha data que todos agardamos impacientes cada ano por ser unha das festas máis divertidas e creativas do cole:
 o Samaín.

 Por iso compartimos con vos algunhas das actividades que realizaremos na biblioteca así como unha guía de lecturas recomendadas para pasar unha noite de Samaín terrorificamente divertida nas vosas casas, aínda que podedes atopar moitas máis na nosa biblioteca, moitas delas, como vedes,  están xa no noso expositor á vosa disposición.











 Ademáis, tamén creamos este symbaloo con distintos recursos, vídeos e xogos do Samaín para traballar dende as aulas do centro e, se queredes, tamén dende a casa.


 


Chegado o día compartiremos con vos o "medo" que pasamos durante esa festa no colexio de A Cristina.


Que o pasedes aterradoramente xenial!!!!

xoves, 17 de outubro de 2019

Mochilas Viaxeiras

Esta semana xa comezan a saír as Mochilas Viaxeiras cara os fogares dos alumnos e alumnas de A Cristina.
Un ano máis, dende a biblioteca escolar, proporciónase esta experiencia para que as nais e pais pasen un anaquiño agradable cos seus fillos e fillas con algúns dos recursos que ten a nosa biblioteca e así desfrutar da lectura en familia de diferentes formas.

Este curso as temáticas que levan a mochila son:
 o humor e os xogos olímpicos.

Dentro da mochila atoparedes os distintos fondos, as instruccións e un caderno viaxeiro no que podedes aportar o voso grao de area cun chisco de bo humor.




1º Educación Primaria.


                                                2º Educación Primaria.



                                                3º Educación Primaria.



                                                 4º Educación Primaria.



                                                5º Educación Primaria.



                                                  6º Educación Primaria.



                                                    4º Educación Infantil.



                                                   5º Educación Infantil.



                                                 6º Educación Infantil.



                                 AGARDAMOS QUE DESFRUTEDES MOITO DELAS!