luns, 21 de xuño de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
SELECCIÓN LGTB
O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.
A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións fanse ao redor desa data. A noción básica do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.
Como o día 28 xa non teremos clase, adiantamos esta conmemoración uns días. Nuno realizou unha selección de libros relacionados con esta temática.
sábado, 19 de xuño de 2021
DONACIÓNS DAS FAMILIAS
O longo do curso mostramos varias publicacións de novos libros, esta última foto mostra libros e xogos donados polas familias. Estarán esperando para o próximo curso nos estantes da nosa biblio.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
luns, 14 de xuño de 2021
ENCONTRO VIRTUAL CON MARÍA CANOSA
A semana pasada tivemos un novo encontro virtual, neste caso con María Canosa, que falou co alumnado de 3º e 4º sobre o libro Rubicundo:
E esta mesma escritora conectou con 1º para contar a historia de Mindi do libro "Unha fábrica de bicos" e eles moi atentos seguiron o conto ensinándollo a través da cámara!
Foi unha experiencia moi chula!
SEGUEN OS PREPARATIVOS DA RADIO
domingo, 6 de xuño de 2021
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
venres, 28 de maio de 2021
A NOVA BIBLIOTECA
Fai xa unhas semanas publicábamos a chegada de novos mobles, mobles cos que buscábamos unha biblioteca máis dinámica que permitise adaptar o espazo a diferentes actividades. Hoxe mostramos ese cambio.
A colocación das mesas permite a consulta de libros:
E outro día pode transformarse no "escenario dun roubo" e ofrecer un gran espazo para realizar todo tipo de actividades:
Por certo, nas primeiras imaxes vemos ao alumnado de 1º consultando libros sobre o espazo, xa que investigaron sobre Plutón para presentar un proxecto a Galiciencia, comparto o enlace para que poidades ver o resultado deste proxecto (e votar con 5 estreliñas quen queira!)
01 As doce preguntas de Plutón – galiciencia.online












