luns, 9 de outubro de 2023

RADIO CRISTINUNA EN ACCIÓN!

Ola oíntes!


A nosa  querida Cristinuna, ten moitas ganas de presumir de casa nova, xa que a finais do curso pasado, fíxose a instalación dos paneis fonoabsorbentes. E onde antes xa faciamos cousas chulis, agora estamos pensado mudar de profesión e pedir traballo nas ondas radiofónicas!

Comezamos cunha formación para profes que nos axudará a amosar o potencial dos nosos nenos e nenas, reflectíndose  como os verdadeiros protagonistas que son. 

Aquí vos deixamos dous audios, nos que podedes escoitar un conto que gravamos os profes nunha sesión de formación e un podcast coa entrevista telefónica que, a través da radio, mantivemos co especialista da formación.

Pincha AQUÍ para escoitar o conto dos profes.

Pincha AQUÍ para escoitar o podcast.

Desfrutádeos!

 


venres, 6 de outubro de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola lectores e lectoras,

Un ano máis seguimos coa campaña de Lecturas en familia, a través das "Mochilas Viaxeiras", nas que por suposto, colaboraron o equipo de voluntarios e voluntarias.


Este curso  levará  contidos relacionados co proxecto de centro "Emocion-arte", porque cando  a intelexencia escoita o latexo do corazón, prodúcese a maxia da arte, da creatividade , da vida.


Comezan a súa viaxe o venres día 6 e xa temos os billetes comprados e as reservas dos hoteles feitas!



Inauguramoooooosss!

 

Ola lectores e lectoras,

Inauguramos o curso na biblio e mirade que acollida tivo! Estamos que lo petamos!




luns, 2 de outubro de 2023

Carnés dos voluntarios e voluntarias

 Ola lectores e lectoras!

Xa están listos os novos carnés identificativos para os voluntarios e voluntarias da biblioteca para este curso 2023-2024! 

Grazas ao alumnado de 4º, 5º A, 5º B o 6º de Primaria polas vosas ganas de traballar.




luns, 25 de setembro de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2023-2024

Ola lectores e lectoras,

Dende a Biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina dámosvos a benvida a este novo curso 2023-2024.

Estamos a traballar en moitas novidades que moi pronto vos iremos amosando por aquí.

Non nos perdades de vista!







mércores, 21 de xuño de 2023

BOAS VACACIÓNS!

 Ola lectores e lectoras,

Nuno e Nuna despídense de vós para desfrutar dunhas merecidas vacacións. 

Esperamos que desfrutedes moito e facendo o que mási vos guste, pero non vos esquezades de ler!

Vémonos en setembro!




GRAZAS AOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS

 Ola lectores e lectoras,

Nuno, Nuna e os mestres e mestras queremos agradecer ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que ao longo de todo este curso participaron como voluntarios e voluntarias, facilitando o bo funcionamento da biblioteca.

Esperamos que desfrutárades da experiencia.