martes, 30 de maio de 2017

EmocionArte por Carballo!

O alumnado de Educación Primaria asistiu na biblioteca a unha charla informativa sobre a Arte e as Emocións, dentro do noso proxecto "EmocionArte na Cristina".
Que mellor forma de poder traballalo que observando murais do seu propio entorno e  que coñecen perfectamente.

Pero...coñeceranos tanto como pensan?

Para isto, O Ceip A Cristina convidou a  varios artistas  destes cadros, como por exemplo:

- MON LENDOIRO.

- CRISTINA CASTRO.

-  SANTI PICOS.

Gracias tamén á colaboración do "Museo de Bergantiños" e á concellaría de Turismo de Carballo.


Aproveitando o entusiasmo dos nenos e nenas houbo unha boa ronda de  preguntas.


Para completar esta actividade  e ver "en vivo e en directo" este proceso, a semana que vén realizaremos un roteiro con todo o alumnado polas rúas de Carballo.



O xoves día 1  e venres 2 xuño realizamos o roteiro:
 "EmocionArte por Carballo".


























Un saúdo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario