venres, 3 de maio de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio foi o Día Intenacional contra o acoso escolar e no Recuncho de Nuno estivemos vendo unhas curtametraxes de concienciación sobre esta temática.

As curtas coas que estivemos traballando foron as seguintes:
"Lou", conta a historia dun monstro de obxectos perdidos que observa día a día o acoso escolar que sufren moitos nenos na hora do recreo. Un neno é o causante de todos os casos dedicándose a roubar os obxectos de outros nenos. Pero un día o monstro faralle reflexionar e mostraranos que detrás dun neno acosador tamén hai unha problemática. Comprobará que ser bo ten a súa recompensa. Esta curta foi nomeada ó Oscar á mellor curtametraxe animada na 90 edición dos premios.

"No juegues conmigo" é unha curta na que o protagonista ten o poder de influír no resto dos seus compañeiros para acosar a outro neno. Cando elixe a súa vitima logra que todos os nenos do grupo participen nas burlas e no maltrato cara el. Despois de varios días de acoso, unha das nenas dase conta de que ela e os seus amigos están sendo manipulados por César e decide poñerlle fin a esa situación.

"Blender", unha curta animada na que se ve representada a vida dun neno que sufre violencia na aula, un neno tímido e illado que resulta ser un branco fácil dos agresores. Todo remata cando o neno enfronta esta situación. 












Ningún comentario:

Publicar un comentario