Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional contra o acoso escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional contra o acoso escolar. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de maio de 2020

2 Maio e todos os días contra o acoso escolar

Hoxe compartimos con vós novos vídeos así como un divertido conto, contado polo profe de 1º de primaria, Jose, contra o Acoso escolar, para que sexades capaces de identificar o acoso escolar e poder poñerlle freo.






Agora toca reflexionar:

- Algunha vez vos sentíchedes o obxecto de mofa dalgún compañeiro ou compañeira? Fálao cos teus amigos e amigas, coa túa familia, cos teus mestres e mestras... Eles axudaranche a frealo.

- Algunha vez fostes tí o que se ríu dalgún compañeiro ou compañeira? Ponte na súa pel e pensa como te sentirías tí se os demais se ríran de tí. Ponlle freo e non permitas que llo fagan aos demais.

Non deixemos que ninguén trate mal ou abuse de ninguén máis. Está nas nosas Mans!

sábado, 2 de maio de 2020

Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Hoxe, día 2 de Maio, celebramos o día Internacional contra o Acoso Escolar

Como xa sabedes, un dos grandes problemas aos que nos enfrontamos hoxe en día nas escolas de todo o mundo é o acoso e violencia escolar, tanto física como psicolóxica, tamén coñecido como “bullying”.

Segundo a UNESCO, un 30% dos estudantes de todo o mundo foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez. E España, lamentablemente, ocupa o cuarto lugar en casos de bullying a nivel europeo. Datos realmente preocupantes, verdade?

O papel que temos as familias xunto cos centros educativos é fundamental para previr e erradicar este fenómeno que afecta gravemente á saúde mental, á calidade de vida e ao rendemento académico das vítimas.

Por iso, é moi importante concienciar sobre este problema dende as idades más temperás educando  en valores sociais e morais positivos e estimulando unha boa autoestima.

Os mestres e mestras do CEIP Plurilingüe da Cristina queremos poñerlle freo ao acoso escolar


  

 E ti... poslle freo?

Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar.

Por iso, dende o recuncho de Nuno queremos ofrecervos tamén as seguintes curtas co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de erradicar este tipo de comportamentos.


L.O.U


Corto contra el bullying



Educar en valores


Orellas de bolboreta



E para os maiores do cole...




Mateo, de 6º de infantil, e Rodrigo, de 4º  de primaria, tamén quixeron conmemorar este día e mandarnos unha mensaxe moi importante.




 Moitas grazas chicos!!

venres, 3 de maio de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio foi o Día Intenacional contra o acoso escolar e no Recuncho de Nuno estivemos vendo unhas curtametraxes de concienciación sobre esta temática.

As curtas coas que estivemos traballando foron as seguintes:
"Lou", conta a historia dun monstro de obxectos perdidos que observa día a día o acoso escolar que sufren moitos nenos na hora do recreo. Un neno é o causante de todos os casos dedicándose a roubar os obxectos de outros nenos. Pero un día o monstro faralle reflexionar e mostraranos que detrás dun neno acosador tamén hai unha problemática. Comprobará que ser bo ten a súa recompensa. Esta curta foi nomeada ó Oscar á mellor curtametraxe animada na 90 edición dos premios.

"No juegues conmigo" é unha curta na que o protagonista ten o poder de influír no resto dos seus compañeiros para acosar a outro neno. Cando elixe a súa vitima logra que todos os nenos do grupo participen nas burlas e no maltrato cara el. Despois de varios días de acoso, unha das nenas dase conta de que ela e os seus amigos están sendo manipulados por César e decide poñerlle fin a esa situación.

"Blender", unha curta animada na que se ve representada a vida dun neno que sufre violencia na aula, un neno tímido e illado que resulta ser un branco fácil dos agresores. Todo remata cando o neno enfronta esta situación.