Mañá 30 de xaneiro, ademais do Día escolar da non violencia e da paz, celébrase en Galicia, dende a súa instauración no ano 2014, o Día da Ilustración coincidindo co día do nacemento de Castelao.
Nesta data preténdese lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural e este ano o homenaxeado é o ilustrador histórico galego Cándido Fernández Mazas.
Dende o CEIP P. A Cristina decidimos participar activamente este día relacionándoo co noso Proxecto de centro a través da creación artística de mascotas que representarán neste Entroido a cada unha das aulas, dado que que a Ilustración é unha manifestación artística fundamental no desenvolvemento de distintas capacidades do alumnado.
Un gran traballo de todas as nosas ilustradoras e ilustradores!!!!
Velaí vos deixamos imaxes da exposición realizada.
Que bonitos!!!😍😍
ResponderEliminar