Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2020

Eu aprendo na casa

Bo día a todos e todas.

Comezamos a semana compartindo con vós o fermoso traballo elaborado por Mara, de 6º de infantil sobre o seu proxecto de aula, Carballo.

Agardamos que pasedes un grato momento co seu traballo.



Moitísimas grazas Mara!

venres, 24 de abril de 2020

Eu aprendo na casa/ Iniciativas xeniais

Seguimos aprendendo pero tamén xogando na casa, e por moito que o coronavirus estea poñendo trabas, hai compañeiros que, afortunadamente, poden serguir facéndoo xuntos aínda que sea a distancia.

Este é o caso de Nico e Noa, de 6º de infantil, que desfrutan xunto coa súa familia xogando e aprendendo.
Mirade.... Mola un montón!




Tamén Germán, de 6º de infantil,  sigue aprendendo e traballando co proxecto da súa vila, Carballo. Encántanos!





Moitas grazas chic@s!!!

xoves, 16 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu aprendo na casa

Compartimos con vós algúns dos traballos que andiveron facendo algúns nenos e nenas de infantil

Fabiola, de 4º de infantil, ademais de facer un montón de puzzles e axudar ao seu irmán e á súa familia, elaborou un precioso acuario que quere compartir con todos e todas vós.












Por outra banda, Germán e Mateo, de 6º de infantil, andan a traballar no seu proxecto de investigación sobre o seu pobo, Carballo.

Hoxe....tocaba coñecer e representar a Comunidade Autónoma á que pertence. Mirade, mirade...







martes, 14 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu aprendo dende a casa

Boa tarde a tod@s:

Comezamos un novo trimestre aínda que moi diferente pero coa mesma ilusión e gañas de aprender. 

Por iso, hoxe Rodri, de 3º de E.P , coa colaboración e participación de todos os membros  da súa familia, quixo compartir con nós un dos traballos que realizou para Ciencias Sociais que lle mandou a súa profe Carmen.

Trátase dunha maqueta na que aparece todos aqueles relevos da paisaxe que xa estudara: Illas, acantilado, ria, río, golfo, montaña, val....

Rodri cóntanos que foi un traballo que fixo con moito gusto, onde él e a súa familia divertíronse moito facendoo todos xuntos.

ALEGRÁMONOS!!!!!


Ademáis, para  facela empregaron distintos materiais como plastilina, xornais vellos, mexunxe Art Attack,  papeis varios dos blocks sobrantes de outros cursos, témperas que mesturaron entre si para obter distintas cores (xa que so tiñan 3  cores) palillos, rafias...etc . Todos eran restos de materiais que se empregon noutras manualidades do cole.


Tamén, aproveita a ocasión para mandar un saúdo e os mellores desexos e ánimos aos seus compañeiros e compañeiras, ás súas familias e aos profes.

Mirade que fantástico traballo:



PARABÉNS RODRI!!!!


En 6º de infantil tamén comezaron a traballar un novo proxecto, pero nesta ocasión un proxecto sobre a súa vila, Carballo.


Mateo, de 6º de infantil, quere compartir con todos nós un dos traballos que lle mandou a súa profe Laura:

 Cal é  o lugar da nosa vila que vos gustaría visitar cando poidamos saír á rúa???

Mateo o ten moooooi claro, e vós???

Se queredes, mandárnos os vosos debuxos sobre eses lugares a onde estades desexando ir e os unimos ao de Mateo no seguinte vídeo.





Xenial Mateo!!!! Seguro que moitos outros compañeiros e compañeiras teñen a mesma opinión.




luns, 13 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Despedímos o 2º trimestre con 5 anos

O alumnado de 6º de infantil e a súa profe Laura queren despedir o 2º trimestre e dar paso ao 3º con moitas ganas e ilusión.

Hoxe comparten con nós o moito que traballaron e aprenderon na súa clase durante os pasados meses grazas ao inxenio e o bo facer da súa mestra Laura.

É un orgullo para min poder ensinarvos todo o que estes pequenos grandes artistas levarán por sempre  na súa cabeza e... o máis importante... no seu corazón.

Un aplauso forte para todos eles e elas.

martes, 10 de marzo de 2020

Visita de Natalia Raña Fuentes

Hoxe todo o alumnado de educación primaria tivo o pracer de recibir a visita dunha das grandes deportistas galegas que investigamos polo Día internacional da Muller, Natalia Raña.

 Acudiu ao noso centro para animarnos, a través do seu exemplo, a cumplir os nosos soños, independentemente do noso sexo, idade ou raza.

 Contounos a súa longa andaina dentro do mundo do deporte, as distintas modalidades nas que participou ao longo da súa vida, os seus éxitos e vivencias, a roupa e materiais que emprega, o que tivo que esforzarse cada día para lograr os seus obxectivos... Pero o que nos remarcou en distintas ocasións foi que o máis importante é que debemos divertirnos mentres practicamos e participamos en actividades deportivas, dado que hai que mirar o momento e non o resultado.

 Moitas grazas pola túa visita, polos teus consellos e por todo o que nos ensinaches hoxe.


 Mostrámosvos a continuación unha pequena mostra da súa visita.




venres, 6 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

Este curso no CEIP P. A Cristina quixemos conmemorar esta data relacionándoa co noso proxecto anual de centro baseado nos deportes.

Por iso ao longo das semanas, nas distintas aulas do noso centro, levouse a cabo un traballo de investigación sobre Mulleres Deportistas Galegas dado que todavía queda moito por andar para que o seu traballo sexa difundido e visibilizado en todos os ámbitos da nosa sociedade: deportivo, comunicativo, social, educativo...

Hoxe queremos compartir con vós un anaco do noso traballo e do traballo destas grandes mulleres galegas deportistas.


























NORABOA CAMPIONAS!

luns, 2 de marzo de 2020

Vindeira conmemoración..... Día Internacional da Muller.

No CEIP P. A Cristina xa nos puxemos mans á obra para conmemorar unha data moi especial (e tamén moi necesaria) do noso calendario escolar, o Día internacional da Muller; data que conmemora a loita das mulleres por participar en igualdade de condicións co home e facer valer os seus dereitos.

As orixes deste día datan de 1910, cando un grupo de mulleres de 17 países reuníronse en Dinamarca con dous motivos: fortalecer o avance na igualdade de xénero e a defensa dos dereitos das mulleres e impulsar a universalidade do voto feminino. Grazas a dito acto o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de persoas que esixiron para as mulleres o dereito de voto, o dereito de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.




En España, o 8 de marzo de 1910 ten tamén unha significación especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións que o home, aínda que a conmemoración do 8 de marzo como día da muller non se comezou a celebrar no noso país ata o ano 1936.


Un curso máis queremos dar a coñecer, dende o noso centro, a grandes mulleres da nosa cultura. Pronto... ofrecerémosvos máis información.

Mentres agardamos polos resultados dos magníficos traballos podedes botar unha ollada na exposición de lecturas sobre esta temática que tedes á vosa disposición na entrada do centro para ler en familia.
Algunhas das lecturas recomendadas que podedes atopar son as seguintes:






Ademais podedes mandar moito ánimo e pensamentos positivos ás nenas e nenos de 4º de primaria que levan traballando moitas semanas na súa ilustración coa que participarán no concurso de deseño do Cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller convocado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Moita sorte chicas e chicos, sodes uns artistas!!!





sábado, 22 de febreiro de 2020

Entroido na Cristina!

Onte celebramos a festa de entroido  relacionado este curso co noso Proxecto de Centro "Os Xogos Olímpicos" pero sen esquecernos da nosa riqueza cultural galega que este curso foi dedicada a uns personaxes moi característicos cos que decoramos o noso centro, os Peliqueiros.


Todas as clases do colexio elixiron o seu deporte preferido a representar e ao longo de toda a semana grazas ás ordes do Meco fomos moi ben preparados!!!!

Grandes e pequenos desfrutamos ao máximo da festa e do desfile, e tan ocupados estabamos pasándoo ben que apenas lembramos sacarnos fotografías para a lembranza!!!!

Por iso, a continuación podedes ver algunhas das imaxes de onte, onde non estamos todos os que somos pero as poucas que temos demostran o éxito do acontecido! 

Agardamos que todas as familias o pasaran tan xenial coma nós!!! Grazas por participar e animarnos tanto!


Vémonos o vindeiro xoves, mentres....a seguir desfrutando do entroido!!!!

mércores, 19 de febreiro de 2020

Mandados do Meco: Xoves

E xa finalizando pois o venres é o gran día do desfile deportivo do centro.....


luns, 17 de febreiro de 2020

Visitamos Canosa Onda

Polo Día da Radio tres representantes do CEIP A Cristina visitamos as instalacións de radio do CEIP Canosa-Rus. Alí coñecemos o funcionamento da radio escolar, o seu proxecto e a súa biblioteca. 

Fomos convidados para facernos unha entrevista e compartir con eles o noso traballo sobre o humor e os deportes e que hoxe queremos compartir con vós.

Agardamos que o desfrutedes.





sábado, 15 de febreiro de 2020

Mandados do Meco

Comezamos a semana do Entroido, unha das nosas semanas preferidas do curso, e nesta ocasión o Meco da os seus mandados relacionados co noso proxecto anual de centro "Os xogos olímpicos".

Estade moi pendentes cada día pois as súas ordes publicaranse o día anterior, e lembrade que son acumulativas.

Preparados......
Listos......
Xa!!!!


Comezamos:





xoves, 30 de xaneiro de 2020

30 de xaneiro: Día escolar da Non Violencia e a Paz.

Dende o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz en lembranza de  Mahatma Gandhi.

Un ano máis no CEIP P. A Cristina conmemoramos esta data a través de diversas actividades dende 1ª hora da mañá: contacontos, poemas pola paz, lectura de manifesto, interpretación de cancións...

O alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria recibiron a visita de dúas contacontos moi especiais, Yolanda, nai de Leo e Lucía, e Susana, nai de Carmen.

Moitas grazas de novo pola vosa visita!!!!

"Negros e Brancos" para Educación infantil:






"As lentes de ver" para 1º e 2º de primaria:





A continuación, expuxemos os poemas pola paz escritos durante o recreo na biblioteca polo alumnado voluntario.




Despois, reunido todo o centro no pavillón, escoitamos o magnífico manifesto da man de Mateo (5º de infantil) e Álvaro (6º de infantil) e entonamos todos xuntos a canción " Querote máis" de O sonoro Maxín mentres a antorcha da paz percorreu todas as nosas mans, xa que como todos e todas sabemos....

"A paz está nas nosas mans"

E ademáis, o alumnado de valores 5º de primaria xunto coa súa profe Nerea, visitaron as distintas aulas para compartir unha fermosa versión da coñecida canción Imagine.


Versión de Imagine 



Compartimos con vós a lectura do manifesto e outras imaxes do día.



Lectura do Manifesto pola Paz




Día da Paz 2020



mércores, 29 de xaneiro de 2020

30 de xaneiro, Día da Ilustración en Galicia.

Mañá 30 de xaneiro, ademais do Día escolar da non violencia e da paz, celébrase en Galicia, dende a súa instauración no ano 2014, o Día da Ilustración coincidindo co día do nacemento de Castelao. 

Nesta data preténdese lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural e este ano o  homenaxeado é o ilustrador histórico galego Cándido Fernández Mazas.

Dende o CEIP P. A Cristina decidimos participar activamente este día relacionándoo co noso Proxecto de centro a través da creación artística de mascotas que  representarán neste Entroido a cada unha das aulas, dado que que a Ilustración é unha manifestación artística fundamental no desenvolvemento de distintas capacidades do alumnado.


Un gran traballo de todas as nosas ilustradoras e ilustradores!!!!

Velaí vos deixamos imaxes da exposición realizada.

































sábado, 21 de decembro de 2019

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Antes de pechar o trimestre,  gustaríanos difundir algúns dos proxectos de investigación realizados na biblioteca do cole:



Nesta ocasión  mostrámosvos o traballo da profe Carmen Rama que durante os últimos meses levou a cabo co alumnado de 3º e 4º de educación primaria onde realizaron proxectos de investigación empregando os distintos fondos bibliográficos cos que contamos no noso catálogo e a través de ferramentas dixitais.




O resultado, ademais de todos os coñecementos que adquiriron os alumnos e alumnas destes cursos, podedes visualizalo no seguintes vídeos.

                                 
 3º educación primaria



4º educación primaria



Gran traballo chic@s e profe Carmen!

xoves, 5 de decembro de 2019

Plan Proxecta: Protexe os animais.

Este curso as aulas de Educación infantil e primeiro ciclo de primaria foron seleccionadas para levar a cabo o Plan Proxecta "Protexe os animais".

Entre todos os alumnos e alumnas destes cursos e algúns mestres e mestras  do centro elaboramos o Plan do proxecto que leva por título "Animalízate", pois somos conscientes da necesidade que existe actualmente sobre a sensibilización animal por parte da nosa sociedade, dado que os animais non son un xoguete senón que cumplen un papel fundamental nas nosas vidas e , para os que teñen mascota, nas súas familias. Son uns seres vivos que teñen necesidades e sentimentos, e desgraciadamente, moitas veces son danados polo home.

Dende o mes de outubro levamos realizando diversas actividades que compartiremos con vós dado que precisamos a axuda de tod@s, grandes e pequenos, alumn@s e familias.

Unha das actividades que realizamos onte foi a visita ao Pazo da cultura de Carballo para visualizar a proxección da película Mascotas

Todos e todas desfrutamos moitísimo e agardamos que tamén teñades a oportunidade de vela na casa, dende a biblioteca do centro podedes levala emprestada.







Continuaremos publicando o resto das actividades que andamos argallando para axudar e protexer aos animais domésticos.

martes, 3 de decembro de 2019

Tod@s distintos, tod@s iguais... pero... tod@s importantes, todos especiais.

Éste é o lema que levamos por bandeira no noso centro pola conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade, ou como lle gusta chamarlle ao noso Nuno, día da Diversidade.

Por iso, os alumnos e alumnas de educación infantil desfrutaron coa visita de Sandra, a nai de Hugo, que veu contarnos o conto de "O cazo de Lorenzo". E tal como nos ensinou Lorenzo, que diariamente ten que levar o seu cazo, deberíamos celebrar este 3 de decembro todos os días do ano.
 Moitas grazas Sandra! Tal e como che dixeron as nenas e nenos para a próxima máis!!!!

Ademais, realizáronse distintas actividades que nos permitiron poñernos na pel das persoas con discapacidade por uns momentos: Curtas na Biblioteca, Xogos pola diversidade e Lecturas compartidas dos alumnos e alumnas de 2º EP. 

Podedes visualizar algunhas imaxes no seguinte vídeo:




Nas aulas de educación primaria tamén, dentro do noso proxecto de centro, os alumnos e alumnas realizaron unha investigación sobre distintos personaxes do mundo do deporte que seguro que nalgún momento tiveron que escoitar iso de "Tí non podes" e demostraron que con esforzo, traballo e constancia todos e todas podemos alcanzar os nosos soños.

Estos son os deportistas paralímpicos que investigaron e coñeceron:






                                                           

                                            

               




Moitas grazas a todos pola vosa participación e traballo!

No expositor poderedes atopar durante todo o mes distintas lecturas que chegarán ata o voso corazón!