venres, 8 de maio de 2020

Eu quedo na casa/ Eu divírtome na casa

Bo día a todos e todas!

Moitísimas grazas a todas as familias que xa realizáchedes a enquisa! Xa imos tomando boa nota de todas as vosas propostas para mellorar a biblioteca de cara ao curso que ven.

E seguimos animando a aquelas familias que aínda non a fixeron!

Hoxe  queremos compartir con vós unha achega de Mateo, de 6º de infantil, e de Rodrigo, de 4º de primaria, que xa hai uns días estiveron realizando unhas fermosas flores para festexar o Mes de Maio, xa que é o chamado Mes das Flores. Mirade que chulada!




Moitas grazas chicos! Quedáronvos preciosas!


Tamén compartimos con vós un contacontos para que os máis pequenos e pequenas ( e seguro que taén os maiores...) se partan de risa con él:




Finalmente, como xa estamos a piques de compezar a fin de semana compartimos con vós o enlace a unha morea de programas do Xabarín club que podedes ver nos vosos ordenadores ou descargar a APP no móvil ou tableta.

Dende esta páxina ademais podedes acceder a moitos xogos, cancións, audio-contos e moitas cousas máis.

Agardamos que sexa do voso interese.




http://www.crtvg.es/infantil/programas


Lembrade que a vindeira semana é a Semana da nosa língua, a Semana das Letras Galegas, así que estade atentos que ao longo da semana compartiremos con vós moitos recursos.

Feliz finde!

Ningún comentario:

Publicar un comentario