Este curso, debido á situación excepcional que está a acontecer, propúxose pospoñer a celebración para o vindeiro outono.
Sen embargo, dende o noso centro non queríamos pasar por riba desta data tan importante para nós sen mostrar o noso respeto e o noso amor pola nosa língua e cultura.
Por isto, hoxe queremos compartir con todos vós os seguintes vídeos para conmemorar esta data e estar un pouco máis preto de vós.
Carmen Veira, de 1º de primaria, propúxose aprender unha parte do noso Himno Galego para celebrar o día das Letras Galegas, e hoxe compárteo con todas e todos nós.
Fenomenal Carmen!!!
Moitísimas grazas pola túa fermosa interpretación!
Ademais, os mestres e mestras de A Cristina, tamén quixemos achegarnos máis a vós nesta data e poder sentirnos máis preto para celebrar este día XUNTOS.
Así que compartimos o seguinte vídeo que fixemos con moito agarimo para vós.
Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas!
Bravo profes!!!!👏👏👏👏👏❤❤❤❤❤
ResponderEliminarGracias profes por esta video cheo de alegría. Enhoraboa Adriana pola montaxe e gracias por ser tan boa profesora, tan boa persoa e tamen por todas as actividades que nos propos para levar esta situación que nos tocou vivir.
ResponderEliminarTamen a Manuela gracias por axudarnos con todas as dubidas que temos e ese trato persoal que nos das cando chamamos por teléfono.
E unha honra pertenecer a este colexio que está formado por un gran equipo. Gracias profes
Moitas grazas familias! Achégolle as mensaxes e agradézovos a vós e a todas as familias de parte de todo o claustro de mestres e mestras o voso apoio, colaboración e aportacións sempre positivas!!! Tod@s formamos unha gran familia! Feliz día!
ResponderEliminarQue bonitoooo!!👏👏
ResponderEliminarQue cousas tan chulis facedes os profes e os meus nenos e nenas coas familias.
Desprendedes un gran compañerismo e síntome moi afortunada de formar parte desta estupenda familia.
Seguide así!!
Moitas gracias polo voso cariño e as preciosas dedicatorias.
Sempre no meu corazón 💖
Un achuchón de Ana " a conserja".
Bravo a esas profes. Quedouvos xenial noraboa
ResponderEliminar