Hoxe traémosvos unha saborosísima receita da man de Rodrigo, de 4º de primaria. Trátase dunha tarta que nos gusta á gran maioría, xa que está....para comezar e non parar!
TARTA DE QUEIXO AO FORNO
Rodrigo comparte con nós o paso a paso, por se mañá queres intentar facela.
1. Receita
2. Ingredientes e útiles de cociña necesarios
3. Empregar o envase dun iogur como medidor
3. Mesturar todos os ingredientes
4. Batir ben.
5. Cocer no forno o tempo recomendado por Rodrigo
6. E a saborear!!!
Que boa pinta ten. Mmmm.....!Grazas Rodri!
Por outra banda, Mateo de 6º de infantil, andivo facendo un experimento ( sempre coa axuda da súa nai) moi singular e que vos encantará:
TINTA INVISIBLE!!! (de limón)
Deixámosvos a imaxe dos recursos que precisaredes así como o vídeo do proceso do experimento da man do propio Mateo!
Alucinante, verdade???
Moitísimas grazas chicos por estas ideas xeniais !!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario