xoves, 18 de xuño de 2020

Axudantes responsables da Biblioteca

De novo, bos días a todos e a todas:

Hoxe o día está dedicado aos meus axudantes, aos alumnos e alumnas que durante este curso colaboraron con Nuno para manter en orde o noso recuncho, que axudaron aos compañeiros e compañeiras en cada unha das súas dúbidas, acompañaron na lectura e xogos aos máis peques do centro, colaboraron nos empréstitos, arranxaron libros... e fixeron moitas outras cousas máis.

Todos e todas elas, dende principio de curso renunciaron ao seu tempo de lecer durante os recreos de forma semanal para facer que a nosa biblio funcionara para os seus compañeiros. Así que hoxe toca darvos as 


GRAZAS!
Todos os cursos realizamos unha festa de despedida e agradecemento, que por infortunio este curso non poderemos facer. 

Sen embargo Nuno e todos os membros do equipo de biblioteca pensamos que hoxe sería un bo día para que todos os que visitan o noso blog, coñeceran aos verdadeiros responsables de que todo marche ben na biblioteca do cole, e de paso, aproveitar para recoñecer o voso valioso traballo durante todos os pasados meses dende setembro.


Ademais, como non pode ser doutra forma, gustaríanos entregarvos (aínda que sexa dixitalmente) os vosos diplomas pola vosa gran labor na biblioteca, así como un pequeno agasallo que poderedes recoller cando pasedes polo cole a recoller as vosas pertenzas o día que as vosas titoras vos indique.





















Unha vez máis, agradecervos infinitamente a vosa extraordinaria labor. Contamos con moitos de vós o curso que ven, e aos que pasades ao instituto confiamos en vós para que sigades compartindo os vosos coñecementos e axuda na biblioteca do voso novo centro, que serán moi afortunados de poder contar con vós.

 Sodes uns magníficos bibliotecari@s!

MOITAS GRAZAS!

1 comentario: