luns, 15 de xuño de 2020

Día Internacional do orgullo LGBTIQ+

Bo día a todos e todas:
 Hoxe, aínda que a súa data é o 28 de xuño, queremos conmemorar o

 Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

 ,tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, o cal refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas co fin de que se respete a todas as persoas, sexa cal sexa o seu sexo ou orientación sexual así como denunciar calquer actitude homófoba.
Ningunha nena ou neno, ningunha persoa, debe sentirse excluida, invisibilizada, acosada ou violentada por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero, ou por non seguir os patróns, estereotipos e roles asignados ao xénero socialmente. 
Ser divers@ e poder vivilo nos centros educativos non é unha cuestión menor, entra dentro da necesidade de avanzar nos dereitos humanos, situar a educación no centro da transformación social e a igualdade efectiva legal e social. 
Por este motivo hoxe compartimos con vós unha serie de contos que fomentan o respeto e o coñecemento da diversidade sexual ou de xénero.








Así como a curta A peluca de Luca interpretado por nenos:


1 comentario: