domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización de aquelas linguas que se atopan en perigo. 

No cole estivemos a traballar sobre este xénero literario para hoxe mostrarvos os resultados. Na maioría das aulas fixemos caligramas representando medios de transporte, que nos axudan a viaxar con Nuno. E nalgunhas clases incluso se animaron a elaborar as súas propias poesías relacionadas cos medios de transporte e países que visitamos, así como a morriña de estar lonxe da súa terra.

Esta actividade tráenos moitos recordos, xa que o ano pasado nesta actividade participamos todos e todas dende as nosas casas. Afortunadamente este curso podemos levala a cabo xuntos dende a escola.

Ao longo deste ano aprendimos moitas cousas, entre elas, descubrimos os códigos QR (ou fixéronse máis habituais), nas imaxes podedes ler o texto da poesía e no código QR escoitar ao alumnado recitándoo.








1 comentario: