martes, 9 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

Esta semana é a semana da prensa, despois dun ano no que escoitamos moito falar de confinamento, desescalada, restricións, colapso, enfermidade, morte... no cole puxémonos a buscar boas noticias deste ano, que tamén houbo moitas, nuns días mostrarémosvos o resultado. 

Ao recuncho de Nuno a mellor noticia chegou en outubro, cando nos foi concedida a radio na biblio. Hoxe transformámola nunha nova de xornal cun anuncio moi importante: BÚSCASE NOME PARA A RADIO!
Na propia noticia xa se indica que diante da porta da biblio hai unha caixa para depositar o nome/nomes elixidos e entre todos eles escolleremos o futuro nome da radio. Se alguén se anima tamén pode deixar algunha suxerencia en comentarios.







 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

3 comentarios: