........ARTUR TRILLO
Tivemos a sorte de participar nun obradoiro de radio moi especial no que contamos coa presenza de Artur Trillo, autor, actor e director de ampla traxectoria. Da súa man
descubrimos os segredos da lectura dramatizada, explorando as múltiples posibilidades expresivas que agochan os textos non teatrais.
Nun ambiente dinámico, creativo e divertido, o alumnado aprendeu a dar vida ás palabras a través da interpretación, mellorando a súa expresión oral, a confianza á hora de falar en
escena e o seu gusto pola literatura en diferentes xéneros. Foi unha experiencia enriquecedora que lles permitiu descubrir novas maneiras de ler, sentir e interpretar os textos.
Durante o obradoiro traballaron arredor do libro Voa, voa, autoría de Artur Trillo, (que por certo, regalounos e firmounos para todos, exemplares) e como produto final realizaron a gravación na radio empregando as técnicas aprendidas ao longo da sesión. Unha actividade inesquecible chea de creatividade, emoción e aprendizaxe compartida. (Premendo na imaxe, podedes escoitalos).
Ningún comentario:
Publicar un comentario