Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de novembro de 2019

25-N

Tal e como vos adiantáramos fai uns días, onte, o 25 de novembro realizáronse diversas actividades para mostrar o noso rexeitamento cara esta difícil problemática.






A primeira hora da mañá, o alumnado de Educación infantil e 1º ciclo de primaria desfrutaron da visita de familias que viñeron realizar un contacontos sobre "O libro dos porcos" e ,posteriormente, unha dinámica que nos fixo reflexionar sobre a inxustiza que a día de hoxe sigue existindo en moitos fogares: a sobrecarga de tarefas domésticas nas mulleres.

O alumnado infantil foi crítico e reflexivo, tanto que déronse conta da necesidade de equilibrar o reparto das tarefas para cada membro da familia e outras realizalas entre todos.

E para o alumnado de ed. primaria contáronnos o conto de "A princesa Carlota e o seu dragón mascota", no que nos mostraron moitos estereotipos que deben ser erradicados. Todas as princesas queren casar? Todos os príncipes son guapos, fortes e valentes??? 

O alumnado a través da dinámica realizada polas familias o deixaron moi claro: 
POR SUPOSTO QUE NON!!!!

 Tod@s somos iguais pero temos características, gustos e aficións diferentes, e como tal, tod@s debemos ter o dereito de facer o que nos faga sentir ben con nós mesmos. 

Moitas grazas a Yolanda, Bea, Susana, Óscar e Pablo pola vosa participación e determinación contra a desigualdade de xénero!







Ademáis, durante o recreo na biblioteca proxectáronse distintos contos e curtas en galego que versan sobre esta temática:






Ás 12 realizouse unha concentración de todo o centro no que cada aula elaborou a súa porta violeta como forma de rexeitamento á violencia de xénero. Escoitamos un manifesto elaborado polo alumnado de 6º de EP e cantamos unidos a versión en lingua galega da canción "A porta violeta" mentres un grupo de alumnas realizaban unha fermosa dramatización que podedes visualizar no seguinte vídeo:






E como broche final, cada alumno e alumna do centro recibiu da man do concello de Carballo uns detalles para non esquecer nunca que:


Todas e todos estamos unid@s contra a violencia de xénero!



Os peques contacontos tamén contan

Podo ler eu tamén algunha vez aos nenos e nenas de infantil???

Esta foi a pregunta que fai uns días fíxonos Aroa, unha alumna do 2º curso de Ed. primaria que estaba desexando ler un conto na aula de 3 anos.

E claro, caímos na conta de que sempre contamos cos maiores do cole para facer lecturas compartidas e nunca lle outorgamos esa posibilidade a outros pequenos (grandes) lectores que temos no centro.

Que unha alumna de 2º quixera ler noutras aulas parecía algo puntual pero resultou ser a porta que abriu o ánimo de outros alumnos e alumnas que están desexando compartir as súas lecturas preferidas con outras compañeiras e compañeiros do centro. Polo que a partir de agora tamén contaremos encantados coa súa participación.

Coincidindo co día contra a violencia de xénero Aroa elixiu o conto "Cuando las niñas vuelan alto", e queremos compartir con vós unha pequena mostra da súa lectura e de cómo logrou captar a atención dos máis pequenos do cole.

Moitas grazas Aroa!


venres, 22 de novembro de 2019

Investigación sobre a desigualdade de xénero

Achégase o día contra a violencia de xénero e o alumnado continúa reflexionando sobre esta problemática que nos afecta a tod@s.

Ao longo deste mes, nas distintas aulas estiveron investigando o papel das mulleres nos deportes en xeral e a súa participación nos xogos olímpicos ao longo da historia para dar resposta ás distintas preguntas formuladas que compartimos hoxe con vós.








Ademáis, nas aulas realizáronse enquisas anónimas para coñecer o reparto de tarefas domésticas que se realizan diariamente en cada un dos fogares. Dos resultados acadados pódese deducir que aínda que se avanzou moito na sociedade e nas familias do noso centro, o peso principal das tarefas dunha casa sigue recaendo nas mulleres.

Finalmente queremos dar as grazas a todas aquelas persoas, nenos e maiores, que compartiron a súa mensaxe de ánimo para eliminar dunha vez por todas a violencia de xénero. Compartimos con vós como se atopa actualmente o taboleiro.





En breve compartiremos con vós a celebración desta data a nivel de centro.

 Tod@s xunt@s contra a violencia de xénero!

venres, 8 de novembro de 2019

25-N Día contra a violencia de xénero.

Achégase un día no que desafortunadamente debemos seguir dando visibilidade a unha temática que nos afecta a tod@s, e que ogallá nun futuro moi próximo o lembremos botando a vista cara atrás aprendendo dos erros, trátase do día contra a violencia de xénero.

Este curso nas aulas estamos a traballar unha desigualdade máis que existe entre homes e mulleres, esta vez no campo do deporte dentro do noso proxecto de centro.

A través destes traballos de investigación o alumnado poderá observar as inxustizas que existían e que continúan existindo de cara a muller.

Ademais, no noso expositor xa podedes atopar algunhas lecturas recomendadas sobre dita problemática que podedes levar a casa e facer a toda a familia partícipes da súa lectura.








E na entrada do cole xa podedes atopar un taboleiro onde deixar a vosa mensaxe de apoio a todas as persoas que sufren ou sufriron esta problemática dunha forma ou outra. Agardámosvos!!!!!

O 25 de novembro e o resto do ano...
Tod@s unid@s contra a violencia de xénero!









mércores, 28 de novembro de 2018

UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nesta entrada queremos amosar a celebración do día internacional contra a violencia de xénero no CEIP Plurilingüe A Cristina.
O 26 de Novembro unimos as nosas mans contra a violencia de xénero. 
En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega traducimos a cantiga de Hueco e Hanna "se acabaron las lágrimas" á nosa lingua e cantamos o retrouso no patio do colexio. Para iso, utilizamos as mans que fixemos todos os nenos do centro co lema "STOP, NON MAIS BÁGOAS"









Ademais, ao longo destas semanas estamos visualizando unhas curtametraxes de concienciación sobre este tema. 
Deixámosvos algunha mostra das aulas que xa estiveron traballando coas curtas










mércores, 21 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos inmersos no día internacional contra a violencia de xénero
Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música. 
A canción escollida para tal fin foi "se acabaron las lágrimas" de Huecco e Hanna. 
Esperamos que vos guste.



Ademais, deixámosvos unha serie de recomendacións lectoras para desfrutar estes días.