martes, 26 de novembro de 2019

25-N

Tal e como vos adiantáramos fai uns días, onte, o 25 de novembro realizáronse diversas actividades para mostrar o noso rexeitamento cara esta difícil problemática.






A primeira hora da mañá, o alumnado de Educación infantil e 1º ciclo de primaria desfrutaron da visita de familias que viñeron realizar un contacontos sobre "O libro dos porcos" e ,posteriormente, unha dinámica que nos fixo reflexionar sobre a inxustiza que a día de hoxe sigue existindo en moitos fogares: a sobrecarga de tarefas domésticas nas mulleres.

O alumnado infantil foi crítico e reflexivo, tanto que déronse conta da necesidade de equilibrar o reparto das tarefas para cada membro da familia e outras realizalas entre todos.

E para o alumnado de ed. primaria contáronnos o conto de "A princesa Carlota e o seu dragón mascota", no que nos mostraron moitos estereotipos que deben ser erradicados. Todas as princesas queren casar? Todos os príncipes son guapos, fortes e valentes??? 

O alumnado a través da dinámica realizada polas familias o deixaron moi claro: 
POR SUPOSTO QUE NON!!!!

 Tod@s somos iguais pero temos características, gustos e aficións diferentes, e como tal, tod@s debemos ter o dereito de facer o que nos faga sentir ben con nós mesmos. 

Moitas grazas a Yolanda, Bea, Susana, Óscar e Pablo pola vosa participación e determinación contra a desigualdade de xénero!







Ademáis, durante o recreo na biblioteca proxectáronse distintos contos e curtas en galego que versan sobre esta temática:






Ás 12 realizouse unha concentración de todo o centro no que cada aula elaborou a súa porta violeta como forma de rexeitamento á violencia de xénero. Escoitamos un manifesto elaborado polo alumnado de 6º de EP e cantamos unidos a versión en lingua galega da canción "A porta violeta" mentres un grupo de alumnas realizaban unha fermosa dramatización que podedes visualizar no seguinte vídeo:






E como broche final, cada alumno e alumna do centro recibiu da man do concello de Carballo uns detalles para non esquecer nunca que:


Todas e todos estamos unid@s contra a violencia de xénero!



2 comentarios:

  1. Grazas polos valores que estades a inculcar nos nenos e nenas.Estes nenos/as no futuro pensarán de outro xeito e farán do mundo un lugar mellor libre de machismo e violencia. 👏🏽

    ResponderEliminar
  2. Noraboa por todo o traballo qe facedes o longo do curso!!!
    👏👏👏👏

    ResponderEliminar