Amosando publicacións coa etiqueta Traballos Documentais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballos Documentais. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2020

Eu aprendo na casa

Bo día a todos e todas.

Comezamos a semana compartindo con vós o fermoso traballo elaborado por Mara, de 6º de infantil sobre o seu proxecto de aula, Carballo.

Agardamos que pasedes un grato momento co seu traballo.



Moitísimas grazas Mara!

luns, 13 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Despedímos o 2º trimestre con 5 anos

O alumnado de 6º de infantil e a súa profe Laura queren despedir o 2º trimestre e dar paso ao 3º con moitas ganas e ilusión.

Hoxe comparten con nós o moito que traballaron e aprenderon na súa clase durante os pasados meses grazas ao inxenio e o bo facer da súa mestra Laura.

É un orgullo para min poder ensinarvos todo o que estes pequenos grandes artistas levarán por sempre  na súa cabeza e... o máis importante... no seu corazón.

Un aplauso forte para todos eles e elas.

martes, 31 de marzo de 2020

Concurso de contos sobre os olivos

Hoxe Xoel, de 6º de infantil, quere compartir con todos e todas  nós  un concurso de contos no que poden participar todos os alumnos e alumnas de educación primaria, que deberán versar sobre as labores, a historia, as tradicións ou a biodiversidade do olivo e/ou o olivar, como por exemplo
:
  • O uso tradicional das plantas que aparecen ou aparecían nos olivares.
  • A fauna que habita ou habitaba entre os olivos.
  • As labores que ao longo do ano lévanse ou levábanse a cabo no olivar (corta, recollida da aceituna, arado…).
  • As festas, tradicións e/ou cancións propias do olivar.
  • Lendas vinculadas ao olivar.
  • Ou Ameazas para a conservación da biodiversidade nos olivares.

No seguinte enlace que nos proporcionou Xoel podemos atopar as bases do concurso.

https://olivaresvivos.com/quedate/


Ademais, nos envía o vídeo co que realiza él e a súa familia todos os días o Saúdo ao sol!



e mándavos moitos bicos para que teñades un día XENIAL!!!

venres, 6 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

Este curso no CEIP P. A Cristina quixemos conmemorar esta data relacionándoa co noso proxecto anual de centro baseado nos deportes.

Por iso ao longo das semanas, nas distintas aulas do noso centro, levouse a cabo un traballo de investigación sobre Mulleres Deportistas Galegas dado que todavía queda moito por andar para que o seu traballo sexa difundido e visibilizado en todos os ámbitos da nosa sociedade: deportivo, comunicativo, social, educativo...

Hoxe queremos compartir con vós un anaco do noso traballo e do traballo destas grandes mulleres galegas deportistas.


























NORABOA CAMPIONAS!

xoves, 13 de febreiro de 2020

Día Mundial da Radio





Hoxe, 13 de febreiro, celébrase en todo o mundo 
o Día da Radio.

Aínda que esta conmemoración instaurouse en novembro do ano 2011,  a súa data ven conmemorar o 13 de febreiro de 1946 xa que foi o día no que se deu vida á Radio das Nacións Unidas con tres obxectivos fundamentais: concienciar á xente e aos medios sobre a importancia da radio, proporcionar información accesible a todos e todas e mellorar a cooperación entre o mundo.

Como xa sabemos, a radio segue a ser un dos medios de difusión e comunicación máis importante  e no CEIP A Cristina queremos darlle cabida dentro da educación e aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.

Por isto, hoxe queremos compartir con vós un podcast creado entre todas as aulas do centro baseado no proxecto anual "Os xogos olímpicos e o deporte" pero dándolle un toque de humor.

Escoitade, escoitade.....


sábado, 21 de decembro de 2019

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Antes de pechar o trimestre,  gustaríanos difundir algúns dos proxectos de investigación realizados na biblioteca do cole:



Nesta ocasión  mostrámosvos o traballo da profe Carmen Rama que durante os últimos meses levou a cabo co alumnado de 3º e 4º de educación primaria onde realizaron proxectos de investigación empregando os distintos fondos bibliográficos cos que contamos no noso catálogo e a través de ferramentas dixitais.




O resultado, ademais de todos os coñecementos que adquiriron os alumnos e alumnas destes cursos, podedes visualizalo no seguintes vídeos.

                                 
 3º educación primaria



4º educación primaria



Gran traballo chic@s e profe Carmen!

martes, 10 de decembro de 2019

Coñecemos...a vida do pescador!

Hoxe tamén contamos cunha visita moi especial na nosa biblioteca.

Aos alumnos de 5º e 6º de educación infantil veu a nai de Álvaro, Azucena, a falarnos  dun dos sectores que continúa a ser un dos primeiros eixos da economía galega, o sector pesqueiro.

Azucena ensinounos moitos datos curiosos desta profesión tan cercana a ela e ao noso compañeiro Álvaro.

Vós sabíades que os polbos que viven preto das rocas teñen unha cor máis escura porque zampan os nosos saborosos e caros percebes???

Este dato e moitos outros os aprendimos grazas a todas as fotos e información que compartíu con nós. Tamén explicounos como é a vida e horarios dun pescador, os útiles e instrumentos que emprega, o funcionamento e organización dunha lonxa, as distintas partes dun barco de pesca...así como o porto e as mareas de Malpica.

















Moitísimas grazas pola túa visita e por todo o que nos ensinaches!

xoves, 5 de decembro de 2019

Plan Proxecta: Protexe os animais.

Este curso as aulas de Educación infantil e primeiro ciclo de primaria foron seleccionadas para levar a cabo o Plan Proxecta "Protexe os animais".

Entre todos os alumnos e alumnas destes cursos e algúns mestres e mestras  do centro elaboramos o Plan do proxecto que leva por título "Animalízate", pois somos conscientes da necesidade que existe actualmente sobre a sensibilización animal por parte da nosa sociedade, dado que os animais non son un xoguete senón que cumplen un papel fundamental nas nosas vidas e , para os que teñen mascota, nas súas familias. Son uns seres vivos que teñen necesidades e sentimentos, e desgraciadamente, moitas veces son danados polo home.

Dende o mes de outubro levamos realizando diversas actividades que compartiremos con vós dado que precisamos a axuda de tod@s, grandes e pequenos, alumn@s e familias.

Unha das actividades que realizamos onte foi a visita ao Pazo da cultura de Carballo para visualizar a proxección da película Mascotas. 

Todos e todas desfrutamos moitísimo e agardamos que tamén teñades a oportunidade de vela na casa, dende a biblioteca do centro podedes levala emprestada.







Continuaremos publicando o resto das actividades que andamos argallando para axudar e protexer aos animais domésticos.

mércores, 4 de decembro de 2019

Día do referendo

 Un chuvioso 6 de decembro de 1978, vintecinco millóns de españois foron chamados ás urnas para ratificar co seu voto o proxecto de Constitución española.
Os cidadáns participaron masivamente no referendo e dende ese ano, todos os españois e españolas, celebramos esta importante data para a nosa sociedade cada 6 de decembro.

Ese día, ás nove da mañá constituíronse os máis de corenta mil colexios electorais nun día histórico. Por primeira vez, máis de dous millóns e medio de mozos e mozas exercerían o seu dereito ao voto. Ante as urnas, os cidadáns tiñan que responder cun si, non ou abstención á pregunta "¿Aproba o proxecto de Constitución?".


Hoxe, un frío pero soleado 4 de decembro para conmemorar o día da constitución española, as nosas alumnas e alumnos de 3º ciclo de educación primaria participaron no seu primeiro referendo e exerceron, por primeira vez, o seu dereito a voto coa pregunta:

Queredes que os venres teñades recreo libre polas distintas zonas??


Grazas a esta iniciativa das titoras de 5º e 6º de EP, o alumnado puido vivir en primeira persoa o significado do sufraxio, referendo, vocais,  mesa electoral, escrutinio... e agardamos que den boa conta do seu dereito cando chegue o seu momento. 

Aquí compartimos algunhas imaxes do evento:




E por suposto, feito o reconto, tamén compartimos con vós a acta de escrutinio do referendo


martes, 3 de decembro de 2019

Tod@s distintos, tod@s iguais... pero... tod@s importantes, todos especiais.

Éste é o lema que levamos por bandeira no noso centro pola conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade, ou como lle gusta chamarlle ao noso Nuno, día da Diversidade.

Por iso, os alumnos e alumnas de educación infantil desfrutaron coa visita de Sandra, a nai de Hugo, que veu contarnos o conto de "O cazo de Lorenzo". E tal como nos ensinou Lorenzo, que diariamente ten que levar o seu cazo, deberíamos celebrar este 3 de decembro todos os días do ano.
 Moitas grazas Sandra! Tal e como che dixeron as nenas e nenos para a próxima máis!!!!

Ademais, realizáronse distintas actividades que nos permitiron poñernos na pel das persoas con discapacidade por uns momentos: Curtas na Biblioteca, Xogos pola diversidade e Lecturas compartidas dos alumnos e alumnas de 2º EP. 

Podedes visualizar algunhas imaxes no seguinte vídeo:




Nas aulas de educación primaria tamén, dentro do noso proxecto de centro, os alumnos e alumnas realizaron unha investigación sobre distintos personaxes do mundo do deporte que seguro que nalgún momento tiveron que escoitar iso de "Tí non podes" e demostraron que con esforzo, traballo e constancia todos e todas podemos alcanzar os nosos soños.

Estos son os deportistas paralímpicos que investigaron e coñeceron:






                                                           

                                            

               




Moitas grazas a todos pola vosa participación e traballo!

No expositor poderedes atopar durante todo o mes distintas lecturas que chegarán ata o voso corazón!







xoves, 28 de novembro de 2019

Mes da ciencia


Novembro é o mes da ciencia en galego e este ano todo o alumnado do centro quixo unirse a esta nova iniciativa que, pensamos, foi todo un éxito.
Grandes e pequenos estivemos investigando, facendo hipóteses e realizando diversos experimentos que queremos compartir con todos vós.
Por iso, podedes visualizar vídeos dalgúns dos experimentos levados a cabo nas aulas nas últimas semanas.

Moitas grazas a todos pola vosa participación. 

Sodes uns magnífic@s científic@s!!!!


                                        

Aula de 3 anos


Aula de 4 anos


Aula de 5 anos


Aula de 1º de Primaria


Aula 2º de Primaria


Aula 3º de Primaria


Aula 4º de Primaria


Aula 5º de Primaria


Aula 6º de Primaria



No cole tedes á vosa disposición unha exposición de libros sobre ciencia para que poidades seguir experimentando en familia así como algúns dos experimentos realizados.

Agardamos que desfrutárades desta experiencia.




venres, 8 de novembro de 2019

25-N Día contra a violencia de xénero.

Achégase un día no que desafortunadamente debemos seguir dando visibilidade a unha temática que nos afecta a tod@s, e que ogallá nun futuro moi próximo o lembremos botando a vista cara atrás aprendendo dos erros, trátase do día contra a violencia de xénero.

Este curso nas aulas estamos a traballar unha desigualdade máis que existe entre homes e mulleres, esta vez no campo do deporte dentro do noso proxecto de centro.

A través destes traballos de investigación o alumnado poderá observar as inxustizas que existían e que continúan existindo de cara a muller.

Ademais, no noso expositor xa podedes atopar algunhas lecturas recomendadas sobre dita problemática que podedes levar a casa e facer a toda a familia partícipes da súa lectura.








E na entrada do cole xa podedes atopar un taboleiro onde deixar a vosa mensaxe de apoio a todas as persoas que sufren ou sufriron esta problemática dunha forma ou outra. Agardámosvos!!!!!

O 25 de novembro e o resto do ano...
Tod@s unid@s contra a violencia de xénero!









xoves, 24 de outubro de 2019

Día das bibliotecas escolares

Chegou o día do Recuncho de Nuno, da nosa biblioteca, e tal e como prometemos, compartimos con vós os traballos realizados polo alumnado do centro.

Nesta ocasión, na distintas aulas realizaron unha actividade de formación de usuarios da biblioteca para coñecer a nosa CDU e as distintas partes dun libro, e tomaron como centro de interese o proxecto do centro deste curso, os xogos olímpicos.

Sentímonos moi orgullos@s de todos os alumnos e alumnas, mestres e mestras que dedicaron moito tempo e esforzo para realizalos.

Como podedes ver, traballaron duramente para ensinarnos datos curiosos sobre os xogos olímpicos, deportes e deportistas así como rimas, adiviñas e moitas cousas máis.
Podedes atopalos expostos na entrada do noso centro.






Agardamos que vos gusten tanto como a Nuno e ao equipo de biblioteca. Noraboa a tod@s!!!!


Que gran traballo!!!


Hoxe ademais de celebrar o día visionando proxeccións sobre as bibliotecas e o seu funcionamento e importancia, tamén puideron consultar  os traballos elaborados na exposición, os cales foron premiados cun diploma polo seu esforzo e participación. 
Aquí compartimos a foto do representante de cada aula. Noraboa!









Representante de 4º EI


Representante 5º EI


Representante 6ºEI



Representante 1º EP


Representante 2º EP


Representante 3º EP


Representante 4º EP


Representante 5º EP


Representante 6º EP