martes, 26 de novembro de 2019

Os peques contacontos tamén contan

Podo ler eu tamén algunha vez aos nenos e nenas de infantil???

Esta foi a pregunta que fai uns días fíxonos Aroa, unha alumna do 2º curso de Ed. primaria que estaba desexando ler un conto na aula de 3 anos.

E claro, caímos na conta de que sempre contamos cos maiores do cole para facer lecturas compartidas e nunca lle outorgamos esa posibilidade a outros pequenos (grandes) lectores que temos no centro.

Que unha alumna de 2º quixera ler noutras aulas parecía algo puntual pero resultou ser a porta que abriu o ánimo de outros alumnos e alumnas que están desexando compartir as súas lecturas preferidas con outras compañeiras e compañeiros do centro. Polo que a partir de agora tamén contaremos encantados coa súa participación.

Coincidindo co día contra a violencia de xénero Aroa elixiu o conto "Cuando las niñas vuelan alto", e queremos compartir con vós unha pequena mostra da súa lectura e de cómo logrou captar a atención dos máis pequenos do cole.

Moitas grazas Aroa!


2 comentarios: