Amosando publicacións coa etiqueta ALFIN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALFIN. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu aprendo na casa

Bos días de novo a todas e todos!

Hoxe queremos compartir con vós outros dos traballos xeniais dalgúns dos vosos compañeiros, que están traballando arreo cada semana e cuns resultados fantásticos!!!

Román de 3º de primaria andivo moi ocupado elaborando esta maxestuosa maqueta, sen deixar de intentar dar ánimo a todo o vecindario e, como non, tamén a vós.




Encántanos a túa iniciativa Román!!!! 
Parabéns polo teu traballo!

Tamén gustaríanos compartir o traballo de Hugo Martínez, de 4º de infantil, que todos os días fai os traballiños que lle manda a súa profe.

Un verme coa seriación de dúas cores.


E para conmemorar o Día do libro..... 
un precioso debuxo dun dos seus contos preferidos!



Xenial Hugo! Fixéstelo fenomenal!!!


Moitísimas grazas aos dous por compartilo con nós!

martes, 14 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu aprendo dende a casa

Boa tarde a tod@s:

Comezamos un novo trimestre aínda que moi diferente pero coa mesma ilusión e gañas de aprender. 

Por iso, hoxe Rodri, de 3º de E.P , coa colaboración e participación de todos os membros  da súa familia, quixo compartir con nós un dos traballos que realizou para Ciencias Sociais que lle mandou a súa profe Carmen.

Trátase dunha maqueta na que aparece todos aqueles relevos da paisaxe que xa estudara: Illas, acantilado, ria, río, golfo, montaña, val....

Rodri cóntanos que foi un traballo que fixo con moito gusto, onde él e a súa familia divertíronse moito facendoo todos xuntos.

ALEGRÁMONOS!!!!!


Ademáis, para  facela empregaron distintos materiais como plastilina, xornais vellos, mexunxe Art Attack,  papeis varios dos blocks sobrantes de outros cursos, témperas que mesturaron entre si para obter distintas cores (xa que so tiñan 3  cores) palillos, rafias...etc . Todos eran restos de materiais que se empregon noutras manualidades do cole.


Tamén, aproveita a ocasión para mandar un saúdo e os mellores desexos e ánimos aos seus compañeiros e compañeiras, ás súas familias e aos profes.

Mirade que fantástico traballo:



PARABÉNS RODRI!!!!


En 6º de infantil tamén comezaron a traballar un novo proxecto, pero nesta ocasión un proxecto sobre a súa vila, Carballo.


Mateo, de 6º de infantil, quere compartir con todos nós un dos traballos que lle mandou a súa profe Laura:

 Cal é  o lugar da nosa vila que vos gustaría visitar cando poidamos saír á rúa???

Mateo o ten moooooi claro, e vós???

Se queredes, mandárnos os vosos debuxos sobre eses lugares a onde estades desexando ir e os unimos ao de Mateo no seguinte vídeo.





Xenial Mateo!!!! Seguro que moitos outros compañeiros e compañeiras teñen a mesma opinión.




luns, 13 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Despedímos o 2º trimestre con 5 anos

O alumnado de 6º de infantil e a súa profe Laura queren despedir o 2º trimestre e dar paso ao 3º con moitas ganas e ilusión.

Hoxe comparten con nós o moito que traballaron e aprenderon na súa clase durante os pasados meses grazas ao inxenio e o bo facer da súa mestra Laura.

É un orgullo para min poder ensinarvos todo o que estes pequenos grandes artistas levarán por sempre  na súa cabeza e... o máis importante... no seu corazón.

Un aplauso forte para todos eles e elas.

sábado, 28 de marzo de 2020

Hoxe....Cambio de hora.

Esta noite, na madrugada de sábado a domingo, deberemos cambiar o noso reloxo ao horario de verán para aproveitar máis horas de luz natural.

Por iso, Mateo, de 6º de infantil, construíu un reloxo en forma de flor para lembrarnos a todos e todas que debemos cambiar os nosos esta madrugada.

 "Cando as agullas do reloxo marquen as 2 da madrugada, debemos avanzalas ata as 3."


Materiais para elaborar o reloxo:

 Creamos a coroa onde escribiremos as horas do día


Creamos o talo da nosa flor



Debuxamos e recortamos as follas



Escribimos os minutos de 5 en 5  nos pétalos


Ordenamos os pétalos para comezar a pegalos arredor da coroa


 Pegamos o talo e a coroa....

E listo! Un fantástico reloxo analóxico


 Moitas grazas familia!!!!

venres, 27 de marzo de 2020

Eu aprendo na casa

Bos días a tod@s:

Hoxe Rodrigo de 4º de primaria quere compartir cos seus compañeiros e compañeiras a forma que empregou na casa para aprender os músculos do corpo dunha forma divertida e máis doada de lembrar, a través da silueta do seu irmán!


 1º. Empapelou  o chan con periódicos e  moita paciencia





2º. Pegou moi ben os papeis con fixo para que non se moveran



3º) Repasou o contorno do corpo de Mateo con rotulador





4º) Colocou os carteis cos nomes dos músculos a aprender e doutras partes do corpo.


5º. Comprobou que o seu traballo non tivera ningún erro.



 Unha gran idea Rodri!!!!

E vós que técnicas estades empregando estes días?














sábado, 21 de decembro de 2019

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Antes de pechar o trimestre,  gustaríanos difundir algúns dos proxectos de investigación realizados na biblioteca do cole:



Nesta ocasión  mostrámosvos o traballo da profe Carmen Rama que durante os últimos meses levou a cabo co alumnado de 3º e 4º de educación primaria onde realizaron proxectos de investigación empregando os distintos fondos bibliográficos cos que contamos no noso catálogo e a través de ferramentas dixitais.




O resultado, ademais de todos os coñecementos que adquiriron os alumnos e alumnas destes cursos, podedes visualizalo no seguintes vídeos.

                                 
 3º educación primaria



4º educación primaria



Gran traballo chic@s e profe Carmen!

martes, 29 de outubro de 2019

Lecturas compartidas e lendas arrepiantes

“A nada en la vida se le debe temer. Solo se le debe comprender”.

-Marie Curie-


O noso cole está cheo de valentes, de aí que hoxe, na primeira sesión de curtametraxes terroríficos na biblioteca, acudiran moitos nenos e nenas dispostos a divertirse e pasar moito "medo".


Ademais, como din que o medo é adictivo, continuamos a hora de ler con contos do Samaín da man dalgúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria que esmeráronse ao máximo para que todos e todas desfrutáramos das súas lecturas.

Moitas grazas chic@s! Pasámolo xenial grazas a vós!!!

Lembrarvos que hoxe e mañán tedes as portas do centro abertas para ver a exposición das vasoiras tenebrosas que fixestes nos vosos fogares.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación. Sen vós non sería posible a ilusión que teñen todos os alumnos e alumnas do centro.


Aquí deixamos un vídeo con algunhas imaxes do acontecido esta xornada acompañadas do fantástico tema de Paco Nogueiras, "Moito maxín no Samaín":







luns, 23 de setembro de 2019

Formación de usuarios da biblioteca

Os mestres e mestras de A Cristina comezamos o curso con moitas ganas de ensinar e aprender, por iso, todo o claustro reuniuse para facer unha formación como usuarios da biblioteca co fin de coñecer e dinamizar todos os servizos, espazos e materiais dos que dispoñemos e traballar con metodoloxías motivadoras e creativas para os nosos alumnos e alumnas.


Preparados....listos.... Comezamos!

xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo conmemoramos o día da poesía e este curso decidimos traballar distintos tipos de poesía.

En educación infantil realizamos varios caligramas relacionados coa primavera. O caligrama é un tipo de poesía para mirar e contemplar ademais de ler. Nos caligramas, o poeta debuxa un obxecto relacionado co tema principal do poema.


En 1º e 2º de educación primaria realizamos uns acrósticos, que son unhas composicións poéticas nas que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou locución.


En 3º, 4ºA e 4º B de educación primaria fixemos os poemas limerick, unha forma poética moi coñecida no mundo anglosaxón. Está formada comunmente por cinco versos de tipo anapesto, cun esquema de rima estrito: AABBA. O limerick ten xeralmente intención humorística. Os dous primeiros versos riman co último, así como o terceiro co cuarto, e estes dous polo xeral son mais curtos.


E en 5º e 6º de educación primaria traballamos os poemas diamante. Os poemas diamante son poemas de 7 versos asoantes en forma de diamante. O primeiro verso consiste dun sustantivo; o segundo de dous adxectivos que describan ao sustantivo; o terceiro, de tres verbos; o cuarto de catro sustantivos (os dous últimos deben ter un significado oposto aos dous primeiros); o quinto de tres verbos que reflictan o cambio no suxeito do poema; o sexto, de dous adxectivos que continúen a idea do cambio; e o sétimo dun sustantivo que sexa oposto ao primeiro sustantivo. 


Aquí tedes unaha mostra do traballo completo.


Ademais, hoxe, na hora de ler, fixemos a lectura destes poemas no patio do colexio. Esperamos que vos gusten. 






Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo.

luns, 18 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

A semana pasada conmemoramos a semana da prensa e todas as aulas dedicamos a hora de ler á lectura de xornais, tanto en papel como online.

Ademais, fixeronse distintas actividades cos xornais para achegar a prensa aos mais pequenos.

Botade unha ollada ao vídeo!!




mércores, 13 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos unha data moi importante, O DÍA DA MULLER.

Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días con distintas mulleres importantes da cultura galega investigando todo sobre elas, facendo fincapé, acorde ao proxecto de centro, na revolución e en qué foron revolucionarias.

O equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega prepararon a montaxe deste vídeo coa canción de "Matriarcas" de Guadi Galego, representada polo alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Esperamos que o desfrutedes.




luns, 28 de xaneiro de 2019

CON SABOR A PAZ

Dentro do proxecto de centro "A revolución de A Cristina está nos contos", desde o recuncho de nuno, quixemos revolucionar os libros de cociña. Todos os alumnos do colexio fixemos as nosas receitas pola paz

Deixámosvos un vídeo coas distintas receitas listas para a súa elaboración.




Ademais, coa colaboración das familias traballamos distintos poemas pola paz.






Recordade que todos xuntos a paz podemos alcanzar!!!

mércores, 21 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos inmersos no día internacional contra a violencia de xénero
Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música. 
A canción escollida para tal fin foi "se acabaron las lágrimas" de Huecco e Hanna. 
Esperamos que vos guste.



Ademais, deixámosvos unha serie de recomendacións lectoras para desfrutar estes días.




martes, 20 de novembro de 2018

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

A entrada de hoxe está adicada aos nenos, xa que como sabedes é o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
Aínda que consideramos que o respecto pola infancia, os dereitos e os valores deben de traballarse no día a día, é unha gran oportunidade para celebralo entre todos. 
Por iso, hoxe, os nenos de 6º de Educación Primaria fixeron unhas lecturas moi especiais ao resto de alumnado do centro. Aproveitando que este ano as bibliotecas escolares están adicadas á poesía fixemos uns preciosos recitados. 

4º Educación Infantil:



5º Educación Infantil:


6º Educación Infantil:



1º Educación Primaria:



2º Educación Primaria:



3º Educación Primaria:




4º A Educación Primaria:



4º B Educación Primaria:



5º Educación Primaria:



E, recibiron uns diplomas pola súa participación, esforzo e dedicación.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Moitas Grazas a tod@s!!! Sodes fantásticos!!!