No cole encántanos facer experimentos, así que queremos compartircon vós o seguinte vídeo que agardamos vos axude a entretervos un anaquiño intentando facer algún destes experimentos tan divertidos.
xoves, 7 de maio de 2020
mércores, 6 de maio de 2020
Eu quedo na casa/ Eu debuxo na casa
Hoxe compartimos con vós un cuadernillo de actividades para elaborar os vosos Cómics que nos proporcionou sallybooks.es de xeito gratuíto. Aínda que a idade que recomendan é a partir de 9 anos, podedes pedirlle axuda aos vosos irmáns, pais, nais....
A que agardades para ensinarnos as vosas primeiras creacións en banda deseñada??
A que agardades para ensinarnos as vosas primeiras creacións en banda deseñada??
martes, 5 de maio de 2020
Aula Virtual do CEIP A Cristina
Bo día a todos e todas de novo.
Lembrade que xa podedes acceder ás actividades semanais dos vosos cursos na Aula virtual do centro.
Podedes acceder a ela a través da Web do Centro na columna da dereita, ou premendo na seguinte imaxe.
Se aínda non a coñecedes e non tedes a vosa credencial, revisade a Mensaxería Abalar que alí a atoparedes.
2 Maio e todos os días contra o acoso escolar
Hoxe compartimos con vós novos vídeos así como un divertido conto, contado polo profe de 1º de primaria, Jose, contra o Acoso escolar, para que sexades capaces de identificar o acoso escolar e poder poñerlle freo.
Agora toca reflexionar:
- Algunha vez vos sentíchedes o obxecto de mofa dalgún compañeiro ou compañeira? Fálao cos teus amigos e amigas, coa túa familia, cos teus mestres e mestras... Eles axudaranche a frealo.
- Algunha vez fostes tí o que se ríu dalgún compañeiro ou compañeira? Ponte na súa pel e pensa como te sentirías tí se os demais se ríran de tí. Ponlle freo e non permitas que llo fagan aos demais.
Non deixemos que ninguén trate mal ou abuse de ninguén máis. Está nas nosas Mans!

domingo, 3 de maio de 2020
Día Internacional da Risa
Hoxe celébrase o Día Internacional da Risa.
Rodrigo, 4º de primaria Mateo, 6º de infantil
Esta conmemoración ten lugar todos os anos o primeiro domingo do mes de maio, coincidindo co Día da nai.
A risa é un medio para manifestar de forma positiva a paz mundial e a construción dunha conciencia global de irmandade e amizade.
A risa ten moitas vantaxes, entre as que destacan:
• Libéranse hormonas e neurotransmisores, como a oxitocina, a serotonina, dopamina e endorfinas. As cales xogan un papel fundamental no estado anímico.
• Deste xeito redúcenos a angustia e incrementa a autoestima.
• Ademais a nivel físico ventila os pulmóns, reduce a glucosa en sangue, aumenta o ritmo cardíaco e diminúe a presión arterial.
Ademais existen moitas curiosidades relacionadas coa risa:
• Con cada gargallada actívanse preto de 400 músculos.
• Algúns músculos do estómago só pódense exercitar coa risa.
• As persoas risueñas teñen un 40% menos de problemas vasculares.
• A xente alegre vive de media 4 anos máis (e mellor).
• Rir axúdanos a liberar tensións e a cambiar de actitude.
• A risa fomenta que os pensamentos sexan máis positivos.
Que vos fai a vós rir??? unhas cóxegas, un chiste, monólogos..... A risa ademais é contaxiosa!!!!
Mateo, de 6º de infantil. e Rodrigo, de 4º de primaria, ademais dos divertidos emojis que fixeron, comparten con nós un vídeo moi gracioso co que se parten de risa eles e a súa familia cando o ven. Trátase dunha divertida escena de Mateo cando era pequeno:
Ademais, hoxe compartimos con vós algúns dos vídeocontos publicados no Salón do Libro de Pontevedra, que este curso como ben sabemos trataron a temática do humor, e que seguro, vos sacarán un sorriso:

Agardamos que vos gustaran e vos fixeran rir mooooito, moito!!!
Tamén aproveitamos a ocasión para
Felicitar o Día a tódalas vosas nais!!!
Unha aperta grande!
sábado, 2 de maio de 2020
Día Internacional contra o Acoso Escolar.
Hoxe, día 2 de Maio, celebramos o día Internacional contra o Acoso Escolar
Como xa sabedes, un dos grandes problemas aos que nos enfrontamos hoxe en día nas escolas de todo o mundo é o acoso e violencia escolar, tanto física como psicolóxica, tamén coñecido como “bullying”.
Segundo a UNESCO, un 30% dos estudantes de todo o mundo foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez. E España, lamentablemente, ocupa o cuarto lugar en casos de bullying a nivel europeo. Datos realmente preocupantes, verdade?
O papel que temos as familias xunto cos centros educativos é fundamental para previr e erradicar este fenómeno que afecta gravemente á saúde mental, á calidade de vida e ao rendemento académico das vítimas.
Por iso, é moi importante concienciar sobre este problema dende as idades más temperás educando en valores sociais e morais positivos e estimulando unha boa autoestima.
Os mestres e mestras do CEIP Plurilingüe da Cristina queremos poñerlle freo ao acoso escolar

E ti... poslle freo?
Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar.
Por iso, dende o recuncho de Nuno queremos ofrecervos tamén as seguintes curtas co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de erradicar este tipo de comportamentos.
L.O.U
Corto contra el bullying
Educar en valores
venres, 1 de maio de 2020
Eu aprendo na casa
Hoxe compartimos con vós a orixinal e divertida forma que ten Mateo, de 6º de infantil, para facer as operacións de cálculo que lle manda a súa profe.
Ademais de aprender o pasa en grande e desenvolve a súa capacidade artística. Encántame Mateo!
Ademais de aprender o pasa en grande e desenvolve a súa capacidade artística. Encántame Mateo!
Un traballo xenial Mateo!!!!
Aproveitamos a ocasión para felicitarvos a todos e todas
o Día internacional dos traballadores!!
Aproveitade estes días para descansar e aproveitar os vosos paseos e vémonos o martes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)