Este é o lema proposto pola Consellería de Educación para traballar neste curso 2015/2016, o cal convida a explorar o mundo, traballar coa información e compartir o aprendido.
A biblioteca, en colaboración co equipo de Educación Infantil, propuxemos unha actividade moi interesante e divertida para os máis pequenos.
Trátase dun "Maletín científico" que levarán as súas casas (polo que tamén precisamos a colaboración das familias). Dentro atoparedes unha bata de científic@, unhas gafas protectoras, unha pipeta, colorante e as normas, instrucións e explicación científica do "EXPERIMENTO" que van a levar a cabo.
A biblioteca proporcionou un libro de materias no que poden consultar ese experimento ou outros diferentes e disfrutar toda a familia.
E finalmente, os nenos/as cubrirán unha folla de avaliación que nos permitirá coñecer se lles gustou ou non a actividade e tamén, poden facer un debuxo ou pegar unha imaxe do proceso.
Un saúdo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario