luns, 24 de outubro de 2016

Día das bibliotecas!!



 Ledicia Costas (Premio Merlín 2016)


"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme.

Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é!

Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 


         No CEIP A Cristina non montamos unha festa de tal magnitude como nos describe Ledicia pero... tamén o celebramos LENDO, SOÑANDO, VIAXANDO.... a través dos contos.


Educación Infantil disfrutou dun estupendo contacontos amenizado pola profe BEGO, quen aproveitando as datas nas que estamos, escolleu:

    
   

Tamén recomendámosvos unhas lecturas moi interesantes!











Un saúdo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario