domingo, 24 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro conmemórase a figura dunha das escritoras mais importantes da cultura galega, Rosalía de Castro
Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varias estrofas reivindicativas de dita escritora. Con elas Rosalía tentaba denunciar as distintas inxustizas sociais vividas na sociedade.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxéronse distintas inxustizas para cada un dos ciclos, as cales aparecen reflectidas en distintas chapas e pancartas.




EDUCACIÓN INFANTIL: A EMIGRACIÓN "¡Deixo a casa onde nacín...! "Cantares Gallegos"




1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: ABUSO LABORAL, EMIGRACIÓN "Trataide ben ós galegos" "Cantares gallegos"




3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: INXUSTIZA SOCIAL "Tirá...que cando caiades, hanvos de face-lo mesmo"  "Follas Novas"




5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO "Quedei deshonrada, mucháronme a vida" "Follas Novas"


    

Ningún comentario:

Publicar un comentario