Imos chegando ao remate do curso e cada día desfrutamos mais da nosa biblioteca. Queremos achegarvos unha mostra dalgunhas actividades que facemos no Recuncho de Nuno.
Pasámolo xenial os luns e os venres fedelleiros xogando aos distintos xogos que temos na biblio e utilizando os ordenadores e as tablets.
E, ademais, gozamos moitísimo facendo traballos documentais para as distintas actividades e proxectos das nosas aulas.
Pouquiño a pouco iremos incorporando mais materiais e actividades para seguir mellorando o noso recuncho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario