Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000.
Trátase dunha ocasión para que a sociedade teña máis coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación. Esta conmemoración celébrase baixo o lema:
"O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo"
Por iso, hoxe Mateo de 6º de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, elaboraron coas súas mans a bolboreta que da vida a esta tan necesaria concienciación que debemos ter para conservar a riqueza das distintas especies coas que contamos e os seus hábitats.
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos que se declararon para conservar determinadas especies e hábitats que viven neles. En total son máis de 27.000 en toda Europa!
CALES SON OS VALORES QUE CONVERTEN UN ESPAZO EN REDE NATURA 2000?
A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados.
PERO QUE TEN DE ESPECIAL?
Ademais das numerosas especies de animais, plantas e hábitats que protexe como o aguia imperial ibérica, o oso pardo, o lince ibérico, o quebrantahuesos, o visón europeo; a cegoña negra, o abeto ou o haxa; a Rede Natura 2000 é o resultado da interacción cultural e histórica entre home e natureza.
Non son só santuarios de natureza, neles realízanse actividades como a agricultura, a gandería, a caza ou o turismo, que garanten a conservación dos valores polos que se declararon espazos Rede Natura 2000.
Na actualidade está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo!.
A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total de Galicia.
Unha magnífica idea Mateo e Rodrigo! Moitas grazas!!!
Compartimos ademais un conto cedido pola autora Olga de Dios que nos fará reflexionar na necesidade de colaborar para manter a nosa natureza limpa, así como outro conto sobre animais en perigo que proporciónanos a editorial Anaya.
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A ÉL:
Ningún comentario:
Publicar un comentario