luns, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER



A necesidade de conmemorar un Día Internacional da muller nace a finais do século XIX, despois da Revolución Industrial. O 8 de marzo de 1857, as mulleres que traballaban na industria textil en Nova York, organizaron unha folga.
O 8 de marzo de 2021 a maneira de manifestarse será diferente, pero segue a ser necesario. 

Dende o recuncho de Nuno tamén queremos destacar a importancia da muller ao longo da historia, e neste ano que estreamos radio vimos que a muller tamén tivo un papel importante neste eido:

As mulleres chegan moi pronto á radio. Case dende o inicio compartiron protragonismo cos homes, aínda que non tiveron o mesmo recoñecemento público. Pouco despois de que Radio Barcelona empezara as súas emisións profesionais en 1924 tiña na súa plantilla a Maria Sabaté e a Maria Queralt. 

Pero a feminización da radio chegaría coas primeiras locutoras, cara os anos 30. María Cinta Balagué, a primeira locutora da historia, falaba de literatura os martes e venres pola tarde no programa "Sección Literaria Feminina".


Pola necesidade de reinvindicar a labor da muller, pola importancia que tivo na radio... nace a nosa mascota feminina, e que mellor día para presentala que hoxe! 

Nuna encargarase de todo o relacionado coa radio escolar.



 

1 comentario: